Titulo pagina
- Alsa Innovación (I+D+I)
- Sala de prensa
- A nosa historia
- As nosas actividades
- Medio ambiente
- Política de xestión ambiental, enerxética e de condución eficiente
- Política de Continuidade de Negocio
- Política de Seguridade e Saúde Ocupacional
- Seguridade
- Persoas
- Política de sostibilidade
- Informe de Sostibilidade
- Responsabilidade corporativa
- Retos de Colaboración - Ministerio de Ciencia e Innovación
- Ética e Compliance
- Estados de información no financiera
- Certificados
- Contos sobre rodas
Viaxando con apoio. Unha iniciativa de Alsa e Plena Inclusión Madrid para fomentar a autonomía persoal ao viaxar en autobús.
• Consiste en ofrecer un billete gratuito al acompañante de aquellas personas con discapacidad intelectual o del desarrollo que requieran una persona de apoyo, eliminando así el sobrecoste que supone.
• La medida está en marcha desde hoy viernes y está disponible en todos los servicios nacionales y regionales que Alsa comercializa a través de su Web.

De izda. a dcha.: Amparo González, directora da Fundación Gil Gayarre; Ángela Sánchez, usuaria da Fundación; Javier Luengo, consejero de Políticas Sociales, Familia, Igualdad y Natalidad de la Comunidad de Madrid; Rubén Delgado, monitor de apoio; Mariano Casado, presidente de Plena Inclusión Madrid; e Víctor López, director xeral de Alsa
Madrid, 4 de decembro de 2020.- Víctor López, director xeral de Alsa, e Mariano Casado, presidente de Plena Inclusión Madrid, presentaron hoxe a posta en marcha da iniciativa "Viaxando con Apoio" nun acto celebrado na Fundación Gil Gayarre, en Pozuelo de Alarcón, e que contou coa presenza de Javier Luengo, consejero de Políticas Sociales, Familia, Igualdad y Natalidad de la Comunidad de Madrid.
"Viaxando con apoio" consiste en ofrecer a gratuidade no billete do acompañante das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que requiran viaxar acompañadas por unha persoa de apoio. É unha medida que forma parte do Plan de mellora da Accesibilidade posto en marcha por Alsa, e é resultado do convenio de colaboración que o operador de mobilidade mantén con Plena Inclusión Madrid co obxectivo de impulsar a accesibilidade cognitiva como valor na atención ao cliente, e contribuír á inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
COMO BENEFICIARSE
Grazas a "Viaxando con apoio" as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que requiran do acompañamento dun apoio persoal para realizar os seus desprazamentos nos servizos nacionais e rexionais de Alsa poderán obter un billete gratuíto para esa persoa de apoio.
Para iso, aquelas persoas que desexen beneficiarse desta iniciativa deberán solicitalo no apartado de Accesibilidade da páxina Web (wwww.alsa.es), redactada en formato de lectura fácil, que a compañía habilitou para tal fin e achegar a documentación que acredite dita discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Unha vez verificada esta documentación por parte dos traballadores sociais de Plena Inclusión Madrid, o viaxeiro poderá beneficiarse desta medida. Ademais, o viaxeiro con discapacidade intelectual contará cun desconto do 15% adicional no seu propio billete.

Grazas a esta iniciativa, Alsa facilita e fomenta a autonomía persoal á hora de viaxar en autobús para as persoas con discapacidade intelectual, sen que o apoio persoal que garante a accesibilidade ao transporte do colectivo teña necesidade de adquirir un billete adicional e evitando un sobrecusto na economía dos viaxeiros con discapacidade.
Neste sentido, o presidente de Plena Inclusión Madrid felicitou e agradeceu a Alsa a súa sensibilidade para entender as necesidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e lanzar esta iniciativa que o colectivo vén reclamando en diferentes ámbitos. Casado lembrou que moitas persoas con discapacidade intelectual requiren dun apoio persoal que lles facilite a orientación, a xestión do tempo ou do diñeiro para poder levar unha vida autónoma, e por iso, destacou que esta iniciativa de Alsa está aliñada co camiño que seguimos en Plena Inclusión Madrid cara á autonomía persoal e a vida independente.
Para o director xeral de Alsa "como operadores de mobilidade socialmente responsables, dentro das accións de Responsabilidade Corporativa que desenvolvemos destaca o Plan de Accesibilidade 2019-2022, que ten por obxecto mellorar a accesibilidade de todos os servizos que operamos, e para todos os colectivos de persoas. Con esta iniciativa cos nosos amigos de Plena Inclusión, desde Alsa queremos fomentar a autonomía persoal na vida das persoas con discapacidade intelectual, contribuíndo en definitiva á súa plena inclusión e integración social. Esperamos que podamos ampliar moi pronto esta iniciativa a outros servizos de transporte que operamos en Madrid e noutras Comunidades Autónomas".
FORMACIÓN, EMPREGO, ACCESIBILIDADE E SENSIBILIZACIÓN
Desde que en 2016 Plena Inclusión Madrid e Alsa asinaran o seu primeiro acordo de colaboración, foron numerosas as iniciativas postas en marcha por ambas organizacións. Grazas á experiencia de Plena Inclusión Madrid, os empregados de Asa recibiron formación sobre que é a discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e como atender ao cliente con discapacidade. No ámbito do emprego con apoio desenvolveuse un itinerario de emprego para un traballador con discapacidade que forma parte da compañía. Tamén froito da colaboración con Plena Inclusión Madrid e Alsa máis de 400 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento recibiron información e formación sobre educación viaria en 30 talleres, e editouse unha Guía de Educación Viaria en Lectura Fácil, para mellorar a seguridade e autonomía nos seus desprazamentos.
O operador de mobilidade contribuíu a difundir unha imaxe social positiva da discapacidade, incluíndo na programación audiovisual dos seus autobuses campañas de sensibilización de Plena Inclusión Madrid, e tamén organizou xornadas de deporte inclusivo para a sensibilización dos seus empregados.
Español
Català
Français
English
Italiano
Português
Euskara
Deutsch
