Alsa, como operador de transporte integral, ten como obxecto ser unha empresa rendible de xestión de mobilidade de persoas, que opera diferentes modos e produtos, con pleno cumprimento á normativa vixente en cada momento, de forma, polo tanto, compatible coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible, fomentando a eficiencia enerxética e reducindo o consumo enerxético, para o cal establece dentro da súa Política Estratéxica os plans e recursos necesarios para atinxir os compromisos establecidos nesta Política Ambiental e Enerxética.

É responsabilidade da Dirección de Alsa lograr que este obxectivo xeral o cumpran todas as persoas que forman parte do grupo ou traballan en nome dela.

En consecuencia, esta Política Ambiental e Enerxética describe as liñas xerais de actuación no contorno ambiental e enerxético e baséase nos seguintes principios fundamentais:

  • Cumprir a lexislación e regulamentación ambiental e de eficiencia enerxética aplicable, así como o resto de requisitos legais e outros que a empresa subscriba, mesmo excedendo as súas esixencias, cando sexa viable.
  • Realizar inspeccións periódicas internas e externas do cumprimento normativo en materia de medio ambiente.
  • Ofrecer un produto atractivo mediante a prestación dun servizo de transporte eficiente, seguro e de calidade, a través dunha xestión óptima dos recursos.
  • Favorecer un ambiente participativo entre os traballadores, baseado en relacións de confianza e respecto, no que o persoal se sinta motivado para atinxir os obxectivos da organización.
  • Xestionar os residuos e verteduras de xeito respectuoso co medio ambiente e a normativa, previndo e controlando os efectos ambientais prexudiciais das nosas actividades, así como fomentando o uso racional dos recursos naturais.
  • Fomentar o emprego eficiente da enerxía e o aforro enerxético empregando técnicas de aforro nas súas instalacións, vehículos e condución destes.
  • Mellorar continuamente as nosas prácticas en xestión ambiental, tanto nos servizos como nos procesos, con relación aos efectos das nosas actividades presentes e futuras.
  • Adquirir o compromiso de mellora continua do desempeño enerxético.
  • Desenvolver as nosas actividades con especial sensibilización polo medio ambiente, implantando e mantendo un sistema de xestión eficaz, que se constitúa nun elemento dinamizador da xestión.
  • Considerar como un dos nosos obxectivos prioritarios o medio ambiente e o uso responsable de enerxía, equiparándoo a calquera outro dos obxectivos xerais da empresa.
  • Colaborar en todo o posible coas autoridades e organismos relacionados co transporte, o medio ambiente, o aforro enerxético e a condución eficiente.
  • Formar, informar, adestrar e sensibilizar todo o persoal da empresa co obxectivo de desenvolver boas prácticas de traballo en xeral, así como ambientais, de redución de consumos de enerxía e de condución eficiente.
  • Apoiar a compra de produtos eficientes en enerxía co fin de mellorar o rendemento enerxético de todas as actividades.
  • Impulsar entre os nosos fornecedores de produtos e servizos a adopción dos principios desta política, así como das directrices do noso Sistema de Xestión Ambiental, Enerxética, de Prevención e de Condución Eficiente.
  • Fomentar e impulsar a condución eficiente dos vehículos da frota, así como formar os condutores nesta materia, e establecer obxectivos de referencia.
  • Establecer e verificar periodicamente o cumprimento dos obxectivos e metas establecidos en materia de condución eficiente e a súa correspondencia enerxética.

Establecer e promover accións para crear unha cultura de mellora continua na condución para a eficiencia enerxética, nos traballadores e na empresa.

Francisco Iglesias Campos
Conselleiro delegado de Alsa

23 de marzo de 2016