Alsa dunha ollada

Alsa é o operador líder no sector español de transporte de viaxeiros por estrada.

Con máis de cen anos de experiencia e unha vocación de innovación permanente, Alsa está integrada no grupo National Express, operador de transporte público internacional de autobuses, autocares e trens presente no Reino Unido, Europa Continental, Norte América, Norte de Africa e Oriente Medio.

concepción do transporte desde unha visión integral e a satisfacción permanente do cliente son as premisas sobre as que Alsa desenvolve a súa actividade.

Como operador integral, é capaz de atender as diferentes necesidades de mobilidade dos cidadáns mediante unha ampla variedade de servizos de transporte de ámbito rexional, nacional, internacional, urbano, discrecional (aluguer de autocares) e turístico.

Tamén, Alsa está especializada na xestión de estacións de autobuses, áreas de servizo e áreas de mantemento de vehículos.

Na actualidade, Alsa conta cunha moderna frota integrada por 5.398 autobuses, que transportan a 437,3 millóns de viaxeiros ao ano, quen son atendidos por un competente equipo formado por 14.981 profesionais.

Baixo o principio da seguridade, o cliente é o centro do esforzo empresarial de Alsa, que desenvolve a súa actividade con criterios de profesionalidade, calidade e innovación sobre a base do compromiso coa sociedade e o respecto ao medio ambiente.

De forma paralela ao seu desenvolvemento en España, Alsa levou a cabo un intenso proceso de internacionalización que lle permite estar presente na maior parte de países da UE e no Reino de Marrocos, achegando, en cada caso, as mellores solucións á mobilidade dos cidadáns.

Alsa en cifras

1.129,3 millones €

facturación

553,9 millones

pasaxeiros

16.079

empregados

5.684

autobuses

 

*Datos de 2022

Somos ALSA

*2019