Transporte nacional e internacional

Alsa xestiona a máis completa rede de servizos regulares en autobús de ámbito nacional, que comunica entre si a práctica totalidade das comunidades autónomas peninsulares. Opera nunha ampla gama de horarios e ofrece servizos de calidade diferenciada, como son as clases Comfort e Supra.

En Europa, opera nunha amplia rede de conexións intraeuropeas mediante a explotación de 65 autorizacións internacionais que unen España coa maior parte da Unión Europea e o  norte de África. Ademais, está presente en Portugal, Francia, Bélxica, Suíza e Alemaña, e é membro de Eurolines.

Características que definen a forma que ten Alsa de entender o transporte nacional e internacional:

  • Unha moderna frota de autocares en permanente proceso de renovación.
  • A incorporación inmediata das novas tecnoloxías ao servizo do viaxeiro.
  • A prestación de servizos de alta calidade

Mapa de servizos nacionais

Mapa de servizos internacionais

Transporte rexional

O compromiso de ALSA coas necesidades de mobilidade dos seus clientes exténdese á xestión de servizos de transporte en autobús de ámbito rexional e autonómico, que é a orixe da súa actividade.

A rede de servizos rexionais de ALSA engloba numerosas concesións de servizos interurbanos que se extenden polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha, Cataluña, Aragón, Navarra, Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía.

Moitos destos servizos realízanse en zonas rurais de baixa densidade de poboación e de difícil acceso, emprestando un servizo público que garante a mobilidade e o acceso a un transporte de calidade a todos os cidadáns, independentemente do seu lugar de residencia.

ALSA tamén desenvolve unha destacada actividade no transporte laboral e no transporte escolar.

Tamén, ante a consolidación e crecemento das áreas metropolitanas, participa -de acordo coas entidades reguladoras- no desenvolvemento de consorcios rexionais de transporte que achegan solucións específicas de mobilidade ás necesidades nestas áreas. 

Mapa de rexionais Andalucía Mapa de rexionais de Asturias Mapa de rexionais de Cantabria Mapa de rexionais de Castela e León Mapa de rexionais de Valencia e Murcia Mapa de rexionais de País Vasco e A Rioxa

Transporte urbano metropolitano

ALSA é o maior operador privado de autobuses no ámbito urbano en España.

Está especializada no deseño de sistemas de transporte urbano e de proximidades e xestiona un total de 20 redes en distintas cidades e áreas metropolitanas españolas, ademais das cidades de Marrakech, Agadir e Tánger (Marrocos).

Os novos modos de vida urbana e as maiores necesidades de mobilidade exixen un transporte público de calidade e eficiente, que solucione a conxestión das nosas cidades e as convirta en espazos máis habitables para todos.

ALSA achega solucións á medida das entidades locais cun plan no que priman:

  • As innovacións tecnolóxicas (SAE, sistemas de pagamento sen contacto).
  • respecto ao medio ambiente.
  • accesibilidade do transporte público.

Unha forma de entender o transporte urbano que se traduce en solucións para as cidades e en beneficios para a calidade de vida dos cidadáns.

Ademais ALSA xestiona o servizo de autobuses turísticos das cidades de: Madrid, Toledo, San Sebastián, Barcelona e Marrackech.

Mapa de servizos urbanos

Transporte ferroviario

No ámbito ferroviario, por medio de ALSA Rail desenvolve unha incipiente actividade na explotación de sistemas ferroviarios e no deseño de proxectos de tranvías e metros lixeiros, metros convencionais e automáticos, e ferrocarrís periurbanos e de proximidades.

Como operador participa na xestión do Metro Lixeiro Pinar de Chamartín-Sanchinarro-Las Tablas (ML1) que, integrado na rede de Metro de Madrid, une este novo desenvolvemento urbanístico do norte de Madrid coa rede de Metro.

Tamén xestiona o Funicular de Bulnes, un sistema de transporte que soluciona o acceso ao Parque Nacional de Picos de Europa (Asturias) de forma equilibrada para o Medio Ambiente.