1.- Introdución.

Mediante este Aviso Legal e Política de Privacidade, ALSA GRUPO, S. L. U., domiciliada en Madrid, na rúa Miguel Fleta, número 4, informa os usuarios da páxina web da súa propiedade (en adiante, a “web”) e da súa aplicación móbil (en adiante a “App”), acerca das condicións de uso da web e a App, así como da súa política de privacidade e protección de datos de carácter persoal, para que os usuarios determinen, libre e voluntariamente, se desexan facilitar os datos persoais que lles poidan ser solicitados, co gallo dos servizos ofertados polas empresas do sector transporte e loxística do seu ámbito, no sucesivo AS EMPRESAS, a través deste medio.

2.- Título do sitio web.

En virtude do establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, informa os usuarios do presente sitio web da seguinte información:

  • Titular do sitio web www.alsa.es: ALSA GRUPO, S.L.U.
  • Domicilio social: Calle Miguel Fleta, 4, 28037, Madrid.
  • CIF: B-82059478.
  • Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 13281, folio 119, folla M-215156.
  • Enderezo de correo electrónico: asesoria@alsa.es.

3.- Condicións de uso.

Toda persoa que acceda a este sitio web ou à App asume o papel de usuario e comprométese á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.

O usuario comprométese a non usar o presente sitio web e a súa App con finalidades fraudulentas, así como a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos de ALSA GRUPO, S. L. U. ou DAS EMPRESAS. En caso de incumprimento por parte do usuario das condicións de uso do presente sitio web, ou de sospeita razoable por parte da empresa de que o usuario as está incumprindo, ALSA GRUPO, S.L.U. reserva o dereito a limitar, suspender ou terminar o seu acceso ao sitio web, e adoptará calquera medida técnica que sexa necesaria con ese fin.

4.- Responsabilidade.

ALSA GRUPO, S.L.U. exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a este.

ALSA GRUPO, S.L.U. non se responsabiliza de ningún modo e en ningún caso daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos que puidesen visualizarse mediante ligazóns electrónicas (links), directa ou indirectamente, a través do sitio web. A presenza de ligazóns no sitio web, salvo manifestación expresa en contrario, ten unha finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, convite ou recomendación sobre estes. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre ALSA GRUPO, S.L.U. e os particulares ou empresas que poidan acceder a sitios webs alleos a ALSA GRUPO, S.L.U., . mediante estas ligazóns. ALSA GRUPO, S.L.U. reserva o dereito a retirar de modo unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen no sitio web.

ALSA GRUPO, S.L.U. presta os seus servizos e contidos de forma continuada empregando todos os medios técnicos ao seu alcance para realizar dita prestación de forma satisfactoria. ALSA GRUPO, S.L.U. non se fai responsable dos danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da falta de dispoñibilidade ou continuidade técnica do funcionamento deste sitio web. En calquera caso, ALSA GRUPO, S.L.U. levará a cabo todas as actuacións necesarias para restablecer os seus servizos en caso de fallo técnico.

5. - Protección de Datos.

5.1. Responsable do Tratamento.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento por parte da entidade ALSA GRUPO, S. L. U. (CIF B-82059478, Calle Miguel Fleta, 4, 28037 Madrid), así como POLAS EMPRESAS cando así sexa preciso, en función dos servizos contratados a través da presente web e a App, que actúan, en ambos os casos, como Responsables do Tratamento.

O usuario poderá proporcionarnos, de forma voluntaria, información de carácter persoal, ben a través de determinados formularios de recollida de datos incluídos nas diferentes seccións da web ou da App, ben mediante os enderezos de correo electrónico habilitados para tal efecto. A subministración de calquera dato de carácter persoal a través dos distintos formularios e enderezos de correo electrónico da presente páxina web implica aceptar e consentir o tratamento destes nos termos indicados na presente política de privacidade.

5.2. Finalidades do tratamento dos datos persoais.

En xeral, a recollida e tratamento dos seus datos persoais ten como finalidades as que a continuación se relacionan:

A) En base á relación contractual:

i. Poder contactar co usuario para enviarlle actualizacións de estado e comunicacións do servizo de transporte contratado.

ii. Atender e xestionar adecuadamente as consultas, os comentarios, as incidencias ou as suxestións remitidas.

iii. Xestionar as tarefas básicas de administración.

iv. Atender e xestionar adecuadamente as solicitudes de orzamentos que nos remitisen a través deste medio.

v. Xestionar satisfactoriamente a compra de billetes, bonos de transporte ou outros servizos contratados.

B) En base a unha obriga legal:

i. Dar cumprimento a cantas obrigas legais nos correspondan, así como comunicar os teus datos persoais ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e demais organismos con competencia na materia, cando así nos sexa requirido.

ii. Para xestionar correctamente situacións de emerxencia, catástrofes ou casos de forza maior, pode ser necesario comunicar os teus datos persoais a organismos ou entidades con competencia na materia.

C) En base ao consentimento do interesado:

i. Xestionar a alta, modificación ou baixa da/s tarxeta/s de fidelización ofrecida/s pola compañía.

ii. Xestionar a súa participación nos cursos de formación ofertados pola empresa a través do presente medio.

iii. Mantelo informado, ben por medios electrónicos ou dispositivos móbiles (notificacións push), ben por calquera outro medio que así se previse e facilitase, de ofertas e descontos personalizados de ALSA ou de terceiros que puidesen resultar do seu interese.

iv. Levar a cabo as xestións necesarias para adecuar a súa participación en procesos de selección de persoal ofertados pola compañía.

v. Xestionar adecuadamente a súa participación nos concursos, sorteos e promocións ofrecidas por ALSA a través deste medio.

D) En base ao interese lexítimo de ALSA:

i. Prestar servizos engadidos, melloras nos nosos servizos e na experiencia do cliente ao usar a web ou a App.

ii. Análises estatísticas de visitas á web e comportamentos dos seus Usuarios nesta.

iii. Realizar labores analíticos e estudos de mercado sobre os servizos contratados.

iv. Realizar actividades de márketing directo e mantelo informado sobre produtos e servizos de ALSA que mellor se axusten ás súas preferencias.

v. Xestionar adecuadamente a navegación a través do presente sitio web.

vi. Para garantir a orde e a seguridade a bordo dos nosos autobuses, a súa imaxe pode ser captada polos sistemas de videovixilancia embarcados nos nosos autobuses.

Respecto do tratamento dos seus datos con fins promocionais ou publicitarios, facilitaráselle ao interesado, xunto co formulario de recollida de datos correspondente, o oportuno procedemento, sinxelo e gratuíto, para que poida prestar libremente o seu consentimento para tal efecto. O consentimento outorgado pode ser revogado en calquera momento e sen ningún custo para o interesado.

5.3. Lexitimación.

As bases xurídicas que lexitiman os tratamentos indicados son a execución do contrato de transporte previamente contratado, o consentimento do usuario, o cumprimento dunha obriga legal e o interese lexítimo de ALSA conforme o exposto no punto 5.2.

5.4. Destinatarios dos datos persoais.

Os destinatarios da información facilitada serán ALSA GRUPO, S. L. U. e AS EMPRESAS. Os datos persoais dos usuarios serán comunicados á empresa que presta o servizo de transporte contratado por parte do usuario. Os destinatarios da información subministrada comprométense na utilización dos datos facilitados a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coas finalidades previamente autorizadas.

Así mesmo, infórmase aos usuarios de que envíen información relacionada co seu currículo, que os seus datos poderán ser cedidos ÁS EMPRESAS co fin de xestionar oportunamente o proceso de selección que corresponda. Mediante o envío dos datos o usuario acepta e consente o tratamento dos seus datos persoais conforme a finalidade sinalada.

Especificamente, e para os supostos de pagamento a través do seu operador móbil soportado baixo a plataforma operada por Cashlog, S. L. (“pagamento contra a factura telefónica móbil”), o usuario consente que o operador móbil facilite o seu número de teléfono móbil a ALSA GRUPO, S. L. U. para os efectos de pór en marcha o pagamento e para os efectos de entregar o billete de transporte.

5.5. Dereitos dos interesados.

O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación, dirixíndose a ALSA GRUPO, S. L. U., mediante solicitude ao noso enderezo de correo electrónico establecido para tal efecto: asesoria@alsa.es, ou ao enderezo postal: ALSA GRUPO, S. L. U., Dpto. Asesoría Jurídica, Calle Miguel Fleta, 4. 28037 Madrid, achegando en todo caso fotocopia do DNI ou un documento equivalente válido en dereito que permita acreditar a súa identidade, e especificando o dereito que desexa exercer.

Calquera interesado poderá en calquera momento posterior, nos termos establecidos na normativa sobre protección de datos en cada momento vixente, revogar a autorización concedida para o tratamento dos datos persoais.

O interesado terá dereito a formular unha queixa ou reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) e perante o Delegado de Protección de Datos de ALSA (dpo@alsa.es).

O usuario responderá, en calquera caso, pola veracidade dos datos facilitados, a ALSA GRUPO, S.L.U. e reserva o dereito a excluír dos servizos todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito. O usuario faise responsable de comunicar calquera modificación dos datos persoais facilitados.

5.6. Prazo de conservación dos datos.

Só almacenamos os datos persoais dos usuarios na medida en que os necesitamos a fin de poder utilizalos segundo a finalidade para os que foron obtidos, e segundo a base xurídica do tratamento destes. Manteremos os datos persoais mentres exista unha relación contractual ou comercial co usuario e mentres este non exerza o dereito de supresión, cancelación ou limitación do tratamento dos datos persoais.

Nestes casos manteremos os datos debidamente bloqueados, sen darlle ningún uso, mentres poidan ser necesarios para o exercicio ou defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento, que deba ser atendida e para o cal sexa necesaria a súa recuperación.

ALSA GRUPO, S.L.U. cumprirá o disposto na normativa vixente en canto ao deber de cancelación da información persoal que deixase de ser necesaria para o fin ou os fins para os cales foi recollida, e bloqueará a mesma, co fin de poder atender as posibles responsabilidades derivadas do tratamento dos datos, e só durante os prazos de prescrición de ditas responsabilidades. Unha vez transcorran ditos prazos, eliminarase definitivamente esa información mediante métodos seguros.

5.7. Información que obtivemos das visitas á web.

Obtemos e almacenamos información persoal limitada e estatísticas globais anónimas de todos aqueles usuarios que visitan a nosa web, ben sexa porque nola facilite o usuario de forma activa ou porque se atope simplemente navegando na nosa páxina web. A información que obtemos inclúe o enderezo do protocolo de Internet (IP) do dispositivo que usa o usuario, o programa de navegación utilizado, o seu sistema operativo, a data e hora do acceso, o enderezo de Internet da web pola que accede o usuario e tamén información sobre como utilizas a nosa web.

Empregamos esta información para saber o tempo de carga da nosa web, como se utiliza, o número de visitas e o tipo de información que máis consulta o usuario. Esta información axuda a identificar se a páxina web funciona correctamente e se detectamos fallos ou erros no funcionamento, solucionalos e mellorar o rendemento da nosa web, para podermos ofrecer un mellor servizo a todos os usuarios.

Tendo en conta o anterior, obtemos datos de uso e navegación para efectos estatísticos e publicitarios, de control do uso da nosa páxina e de mellorar o coñecemento sobre os intereses do Usuario.

5.8. Menores de idade.

Os menores de 16 anos non deberán enviar ningunha información persoal sen o consentimento do seu pai ou titor. ALSA GRUPO, S.L.U. non é responsable de ningunha información persoal enviada polos menores de 16 anos sen a autorización oportuna.

5.9. Medidas de seguridade.

ALSA GRUPO, S.L.U. adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais requiridos pola normativa vixente, en función do tipo de información tratada e implantou outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais facilitados. ALSA GRUPO, S.L.U., garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade para garantir a seguridade da información e da confidencialidade dos datos que vostede nos envía pola Internet. Para iso, utilízase a tecnoloxía de seguridade Secure Socket Layer (SSL), sistema que permite a cifraxe da información que nos envía, e evita a súa lectura mesmo se é interceptada inadecuadamente. O servidor de ALSA está certificado, de modo que o seu navegador pode confirmar a identidade de ALSA antes de que ningunha transmisión sexa enviada. Este certificado garante a identidade do computador de destino para o cal se están enviando os seus datos. Pode recoñecer que a seguridade SSL está operativa mediante a aparición da icona dun cadeado na marxe inferior da maioría dos navegadores. Se preme sobre esta icona aparecerá o certificado asociado coa conexión de seguridade. Non obstante o anterior, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.

5.10. Cookies.

O acceso a esta web pode implicar a utilización de cookies. As cookies son pequenas cantidades de información que se almacenan no navegador utilizado por cada usuario para que o servidor recorde certa información que posteriormente poida utilizar. Esta información permite identificalo a vostede como un usuario concreto e permite gardar as súas preferencias persoais, así como información técnica como poidan ser visitas ou páxinas concretas que visite.

Aqueles usuarios que non desexen recibir cookies ou queiran ser informados antes de que se almacenen no seu computador poden configurar o seu navegador para tal efecto. Para máis información consulte a nosa “Política de Cookies”.

6.- Seguridade nas transaccións.

ALSA garante que tratará con total seguridade e confidencialidade os datos correspondentes ao medio de pagamento utilizado. Os datos da tarxeta utilizada para o pagamento transmítense de forma cifrada a través do protocolo seguro SSL, que garante o segredo na comunicación a través dun diálogo con claves de cifraxe.

ALSA, co obxecto de garantir a seguridade das transaccións efectuadas a través da presente páxina web ten incorporado, nos seus procesos de control, a verificación e xestión previa da información facilitada polo cliente respecto á tarxeta de pagamento. ALSA resérvase a facultade de rexeitar a solicitude de contratación e compra de billetes cuxo pagamento se efectúe usando unha tarxeta que non sexa da súa titularidade, obtida fraudulentamente ou coa que se pretenda realizar unha operación fraudulenta que prexudique os intereses do seu titular, de ALSA ou de calquera terceiro.

Calquera solicitude por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado deben efectuarse vía correo electrónico ao seguinte enderezo: asesoria@alsa.es

Teña en conta, adicionalmente, que os provedores ou emisores dos medios de pagamento utilizados poden adoptar outras medidas antifraude e que supoñan o rexeitamento de certo tipo de operacións. ALSA non controla nin é responsable dos prexuízos que puidese ocasionar a aplicación das políticas que aprobasen os distintos provedores ou emisores de medios de pagamento.

Queda prohibido o emprego dun medio de pagamento titularidade dun terceiro agás no caso de que se conte coa autorización expresa dese terceiro, sendo da súa responsabilidade a proba desa autorización e asumindo todos os danos e as perdas que se produzan a ALSA.

7.- Dereitos da propiedade industrial e intelectual.

A totalidade dos contidos, elementos, deseños e aplicacións albergados nesta páxina web, calquera que sexa o seu formato e características, así como todos os Dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual inherentes a ese sitio web, son titularidade de ALSA GRUPO, S. L. U. estando protexidos tanto pola normativa de Propiedade Industrial e Intelectual, como polo resto de lexislación que poida aplicarse. Dito contido non poderá ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión, transformación nin de calquera outro procedemento de difusión que non fose expreso e previamente autorizado. ALSA GRUPO, S.L.U. reserva o exercicio das accións xudiciais que a asistan fronte a quen vulneren os dereitos da súa titularidade aos cales, que se fixo referencia.

8.- Modificacións.

ALSA GRUPO, S. L. U. reserva o dereito a modificar o presente Aviso Legal e Política de Privacidade para adaptar novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como por cambios na actuación e estratexia empresarial de ALSA e as súas sociedades vinculadas, polo que recomendamos a súa lectura antes de cada acceso e navegación polo sitio web. Non obstante o anterior, as relacións establecidas cos usuarios, con anterioridade á modificación do presente Aviso Legal e a Política de Privacidade, rexeranse polas normas previstas no momento en que o usuario accedeu ao sitio Web para o seu establecemento.

ALSA GRUPO, S. L. U. proporciona aos usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo, poidan acceder a este Aviso Legal e Política de Privacidade e Protección de Datos.

9.- Lexislación e foro aplicable.

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, aplicarase a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, e son competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais competentes de acordo coa lexislación que resulte de aplicación.

No caso de que algunha das disposicións contidas no presente documento sexa declarada nula, retirarase ou substituirase. En calquera caso, esa declaración de nulidade non afectará a validez do resto de disposicións recollidas no presente.