O INJUVE e ALSA acordan ofrecer descontos aos titulares do carné xove

Os titulares do Carné Xove poderán gozar dun 15% de desconto nos billetes da compañía

Madrid, 19 de novembro.-  O Instituto da Xuventude (Injuve) e a compañía de transporte de viaxeiros por estrada ALSA asinaron un convenio para a colaboración no ámbito do Carné Xove.

Grazas a este acordo, ofrécese a todos os titulares do Carné Xove a oportunidade de ter un desconto do 15% en billetes de ALSA en todos os servizos de longo percorrido que transcorran por máis dunha comunidade autónoma. Este desconto é acumulable ao de familia numerosa e ao de ida e volta.

Para acceder a estas tarifas especiais, os mozos titulares do Carné Xove só terán que rexistrarse gratuitamente en Club Busplus a través de www.alsa.es. Poderán comprar os billetes na web da compañía e cando accedan ao autobús deberán presentar o seu Carné Xove e o seu DNI.

Na web alsa.es pódense consultar os servizos de ALSA que permiten este desconto, así como as condicións do Club Busplus.

?O Carné Xove Europeo está presente en 36 países, entre os que os máis de cinco millóns de mozos menores de 30 anos titulares do Carné poden gozar das preto de 60.000 vantaxes e descontos que se ofrecen en cada país, e todo cun mesmo e único Carné Xove para toda Europa. Mediante a reciprocidade de descontos, os titulares do Carné teñen as vantaxes de cada país, sendo unha excelente ferramenta para a mobilidade dos mozos en Europa. As vantaxes que se poden obter co Carné Xove céntranse en transporte, ocio, cultura, servizos, educación ou seguros de viaxe. Pódense consultar os países e descontos do Carné Xove Europeo-European Youth Card en www.eyca.org.