Alsa únese ao acordo contra a violencia de xénero

Madrid, 13 de marzo. A compañía de transporte de viaxeiros ALSA asinou recentemente un convenio de colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para a sensibilización sobre a violencia de xénero e a inserción laboral das vítimas.

Mediante este acordo, que conta coa colaboración do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, ALSA comprométese a realizar accións de sensibilización mediante a difusión de campañas de prevención contra a violencia de xénero, e accións de inserción das vítimas no mercado laboral.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade lanzou unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero baixo o lema “Cando hai maltrato nunha parella, non son só cousas de parella. Non permitas a violencia de xénero”, á que se sumaron distintas entidades e empresas, entre elas ALSA, como mostra do compromiso da compañía pola visibilización deste grave problema e a concienciación contra a violencia machista na sociedade.

ALSA subscribe este acordo en liña coa súa política de Responsabilidade Corporativa, pola que ademais mantén distintas alianzas e acordos con outras organizacións públicas e privadas para combater unha lacra como a violencia machista, como o que mantén coa Fundación Integra, que promove a inserción laboral de persoas en risco de exclusión, ou o recente acordo con Fundación Mujeres para dotar de bolsas a orfos vítimas da violencia de xénero.