Cultura de cumprimento en Alsa

En Alsa temos implantada unha cultura organizacional de cumprimento normativo en todas as Áreas, o que garante a efectividade dos controis vencellados ás distintas Áreas e fortalece o noso Sistema de Xestión de Cumprimento Penal.

Contamos cun Sistema de Xestión de Cumprimento Penal cuxo labor se centra nos seguintes aspectos:

  • A identificación de actividades que supoñan un risco penal.
  • O establecemento de Protocolos e Procedementos necesarios para definir e implementar procesos que mitiguen a ocorrencia de delito.
  • A verificación e avaliación do Modelo de Cumprimento.
  • A obriga de informar de calquera cuestión, reclamación e incumprimento a través da A concienciación e sensibilización acerca da necesidade de cumprir coa lexislación aplicable e coa normativa e procedementos internos.
  • Canle de Integridade de Alsa.

A continuación, mostramos as principais políticas que compoñen o noso Modelo de Cumprimento:

Código
ético   
Código Ético Alsa

Establece os principios, valores e comportamentos que cómpre que rexan na Organización e que resultan de obrigado cumprimento.

Política
de Compliance   
Política de Compliance

Establece os obxectivos e as bases do Sistema de Xestión de Cumprimento Penal en Alsa, así como os roles e as responsabilidades.

Política
do Sistema de Información   
Política de Compliance

Establece os principios e as garantías fundamentais de utilización e funcionamento do Sistema Interno de Información.

Certificado AENOR Sistema de Cumprimento Penal (UNE19601)

Alsa conta cun Sistema de Xestión de Cumprimento Normativo certificado por AENOR de acordo coa norma UNE 19601:2017.

Ese sistema de cumprimento normativo, plenamente implantado e en vigor, desprega todos os seus efectos coa finalidade principal de mitigar e reducir ao máximo a posibilidade de que calquera persoa da compañía poida delinquir.

Esta certificación distínguenos como modelo de boas prácticas éticas e de implementación eficaz dun programa de prevención de delitos no seo da empresa.