INFORMACIÓN IMPORTANTE: DESACONSÉLLASE VIAXAR SALVO POR RAZÓNS INAPRAZABLES

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, determina no seu artigo 7, relativo á limitación da liberdade de circulación das persoas, que durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para determinadas actividades taxadas. Neste sentido, e salvo que o billete se adquira para realizar calquera desas actividades:

DESACONSÉLLASE VIAXAR SALVO POLAS DEVANDITAS RAZÓNS INAPRAZABLES. En todo caso, en calquera desprazamento deberán respectarse as recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias.

Máis información sobre esta advertencia