Contacto para profesionais

Contacto exclusivo para profesionais da información.

Enderezo electrónico: sccomunicacion@alsa.es

Enderezo:

SERVICIO DE COMUNICACIÓN ALSA 

C/ Josefa Valcárcel, 20
28027 - Madrid (España)

Búsqueda avanzada de noticias relacionadas con Alsa

Ordenar

Alsa adxudicataria do transporte urbano de Rabat

Madrid, 2 de xullo. A compañía de transporte de viaxeiros ALSA informa de que hoxe resultou adxudicataria, en agrupación coa empresa local CityBus, do contrato para a xestión delegada do servizo de transporte urbano das cidades de Rabat-Salé e Temara, en Marrocos, no que constitúe o maior contrato de transporte urbano xestionado por unha empresa española fóra de España, e converte a ALSA no primeiro operador privado deste tipo de transporte en Marrocos.
08:01, 03/07/18

Alsa adquire o Grupo Argabus

Madrid, 29 de xuño. A compañía de transporte de viaxeiros ALSA informa de que completou a adquisición do Grupo Argabus, empresa de transporte con sede en Arganda del Rey (Madrid), que xestiona servizos interurbanos, urbanos e discrecionais, e que conta cunha presenza relevante no Sueste da Comunidade de Madrid.
11:40, 29/06/18

ALSA presenta o programa de melloras do transporte en autobús na área metropolitana de Asturias.

Oviedo, 13 de xuño. A compañía de transporte de viaxeiros ALSA presentou esta mañá nas instalacións que a compañía ten no Polígono do Espíritu Santo de Oviedo o seu programa de melloras do transporte en autobús na área metropolitana en Asturias. O acto contou coa presenza de Fernando Lastra, conselleiro de Infraestruturas, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, e de Jacobo Cosmen, presidente de ALSA Asturias.
10:45, 14/06/18

Alsa e a Fundación Mapfre únense á DXT para alertar sobre o uso do móbil e o consumo de drogas ao volante

O obxectivo é reducir os accidentes provocados por estas substancias en anos anteriores.
14:24, 04/06/18