O viaxeiro pode transportar gratuitamente ata 2 maletas cun peso total de 30 kg por traxecto*, 25 kg en liñas internacionais.

Se precisas levar máis equipaxe, é posible engadir 30 kg extra desde 3 € por traxecto, previa reserva durante o proceso de compra e dependendo da capacidade do vehículo. Esta opción non está dispoñible en traxectos internacionais.

Podes engadir equipaxe extra a través de www.alsa.es/gl, o teléfono 902 422 242 e nos puntos de venda Alsa. Non esquezas identificar toda a túa equipaxe. Para isto, contas con etiquetas nos puntos de venda.

Para engadires equipaxe extra na web:

  1. Inicia o proceso de compra.
  2. Ao pasares ao paso «Personaliza o teu asento» selecciona, dentro de «Completa o teu billete», a opción «Levas equipaxe extra?».
  3. No resumo de compra poderás ver o complemento engadido e o prezo final.

* Límite de equipaxe por traxecto en: Madrid – Guadalajara: 50 kg; Fraga – Lleida e Murcia – Almería: 40 kg

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)