Proxecto R3CAV
Investigación de tecnoloxías e arquitecturas para o desenvolvemento de novo vehículo autónomo, conectado, robusto, fiable e resistente
Ano de inicio: 2021 - Ano de fin: 2024
Organismo: Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI)
Programa: Programa Tecnolóxico de Automoción Sostible (PTAS 2021)
Descrición do proxecto
O proxecto consiste en investigar e desenvolver novas tecnoloxías conectadas, así como deseñar e desenvolver unha nova arquitectura adaptable, tanto hardware como software, do futuro vehículo autónomo conectado, capaz de funcionar en diferentes niveis de autonomía, comezando por sistemas avanzados preditivos de axuda á condución, ata sistemas completamente autónomos sen condutor.
Ten un orzamento aprobado de 8.453.973,00 € e foi realizado polo consorcio de empresas integrado por RENAULT, ALSA, GMV-ASP, GMV-ITS, INDRA, MASMOVIL e MASERMIC.
Obxectivos e resultados
O feito de formar parte do proceso de desenvolvemento dun vehículo autónomo, engadido ao coñecemento que Alsa aporta como operador do transporte público, axudará a posicionar á compañía como referente no panorama nacional en canto ao uso destas tecnoloxías. Para iso, Alsa lidera un dos dous desafíos do proxecto, consistente en automatizar unha plataforma que poida circular en contornos de alta complexidade de tráfico e que satisfaga as necesidades do usuario do transporte público.
Financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, enmarcado no Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, apoiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e subvencionado polo CDTI.