Asturias - Servizos rexionais

Buscador

Servizos de Alsa en Asturias

Alsa conta cunha ampla rede de servizos rexionais dentro do Principado de Asturias que cobren desde o oriente e o occidente asturiano, coa posibilidade de conectar as localidades máis periféricas do Principado cos principais núcleos urbanos de Asturias.

Alén diso, no Triángulo Central de Asturias, onde se concentra a meirande parte da poboación, Alsa ofrece unha ampla oferta de servizos que comunican de xeito continuo Oviedo, Xixón e Avilés, creando unha «ponte terrestre» que garante unha fácil e cómoda comunicación entre as tres principais cidades de Asturias.

CENTROBUS: Oviedo, Xixón e Avilés

Centrobús é un servizo especialmente creado para moverse entre os centros urbanos das cidades de Oviedo, Xixón e Avilés de xeito rápido, sen ter que ir a unha estación de autobuses e sen necesidade de buscar aparcadoiro pois, coa súa ampla rede de paradas urbanas e unha ampla oferta de horarios, seguro que tes unha parada moi preto do teu domicilio e che encaixa para poder moverte da maneira máis intelixente entre estas tres cidades.

Consulta os nosos horarios e paradas.

Plans en Asturias

Plan Especial de Transporte de Lagos de Covadonga

A mellor forma de visitar o Santuario e os Lagos de Covadonga é en autobús. Goza da marabillosa experiencia de visitares un contorno tan emblemático sen necesidade de usar o teu vehículo particular. Con servizos ininterrompidos todo o día durante o período de activación do servizo.

Descarga o díptico, aquí.

Ruta do Cares

Goza dunha das rutas máis impresionantes de España. No Oriente asturiano, ideal para facer en familia, non te deixará indiferente. Aquí tes toda a información que necesitas coñecer.

E aquí atoparás toda a información do Servizo Especial de Transporte de Arenas de Cabrales a Poncebos, Tielve e Sotres.

Funicular de Bulnes

Sabías que Alsa xestiona o transporte do Funicular de Bulnes? Descubre aquí como mercar os billetes e coñecer unha das vilas máis bonitas do norte de España.

Xixón City Tour

Descubre Xixón do xeito máis doado. Compra o teu billete e percorre os principais puntos turísticos da cidade.

Infórmate na seguinte ligazón das datas en que opera o servizo.

«TransportYou» é un proxecto de i+D promovido por un consorcio netamente asturiano composto por INFORYL (líder) empresa do Grupo Alsa e ABAMobile (microPEME). O seu obxectivo é proporcionar unha plataforma móbil, centrada no usuario, que busca solucionar o reto tecnolóxico do desenvolvemento dun sistema de información, compra e embarque de transporte a clientes, alén de implementar de xeito innovador as tecnoloxías que permitan poñer o móbil como o foco central no transporte de viaxeiros.

O Instituto de Desarrollo Económico del Principado de Asturias (IDEPA) subvencionou parcialmente o proxecto TransportYou dentro do Programa RIS3-Empresa para a execución de proxectos de innovación aberta no exercicio 2017.