Esqueceu algún obxecto persoal no autobús?

Se cre que perdeu algún artigo persoal a bordo dos nosos autobuses, nunha estación ou sala Supra, é posible que o recuperaramos.

IMPORTANTE

  • Os documentos de identificación persoal (D.N.I., Pasaportes, etc.) son entregados ás autoridades competentes.
  • Por limitacións de almacenamento, custodiamos os artigos atopados durante un mes como máximo desde a data da súa localización.
  • Os produtos perecedoiros son destruídos ao día seguinte.
  • Se perdeu un obxecto nun servizo urbano ou nalgún dos nosos servizos internacionais, deberá completar o seguinte formulario .

pictograma que representa unha lupa BUSCA

Comeza a busca do teu obxecto perdido.

  • Para poder darse de alta, faga clic en
    PERDÍN UN OBXECTO
  • Encha os campos incluíndo toda a información posible que nos poida axudar a identificalo (características específicas, marcas, manchas, rabuños, etc.)
  • Indícanos a data e onde o perdeu. Engada, no último paso, os seus datos de contacto, para poder avisalo.

pictograma que representa unha equipaxe ou obxecto perdido REXISTRO

Rexistramos os obxectos atopados.

  • Tódolos obxectos localizados nos nosos vehículos son custodiados e rexistrados na plataforma.
  • O prazo habitual está entre 1 día e 3 semanas.
  • Nalgunhas ocasións recibimos obxectos fóra deste termo ao se localizar en delegacións afastadas ou por algunha outra razón que atrasan a súa xestión.

pictograma que representa un polgar cara arriba en sinal de aprobación COINCIDENCIAS

Enviámoslle un correo electrónico se atopamos coincidencias.

  • Despois de rexistrar os artigos na plataforma, o sistema detectará se hai coincidencias co seu obxecto perdido.
  • Se recibe un correo electrónico de coincidencia, unha vez o teña confirmado, prema o botón "Proceder ao envío" e encha o formulario para tramitalo.
  • Ou, se o prefire, pode acudir persoalmente á base onde se atopa custodiado o obxecto e proceder á súa recollida.