Alsa Pass
Descubre España con Alsa Pass
O teu bono para viaxares por España sen parares. Se queres coñecer España dunha forma distinta, percórrea en autobús con Alsa Pass. A maneira máis sinxela e económica de descubrir cada recanto das cidades españolas, gozando dunha experiencia de viaxe única.
Simplemente escolle o bono que mellor se adapte aos días que queres viaxar e ás cidades que desexas coñecer. Así de fácil é vivir España en bus.
-
7 días > 99 €
-
11 días > 145 €
-
15 días > 175 €
Como comprar o teu Alsa Pass
- Entra en alsa.es/gl/home
- Compra a modalidade que queiras: 7 días , 11 días ou 15 días
- Enviámosche o teu localizador Alsa Pass: código asociado ao teu bono.
Como usar o teu Alsa Pass
- Usa o noso buscador de billetes en alsa.es/gl/home
- Introduce o teu localizador no espazo «Código promocional»
- Así, o billete sáeche a 0 €
Lembra que Alsa Pass está ao teu nome: só o podes usar ti.
Queremos que te divirtas viaxando por España! Por iso só podes reservar billetes de ida.
Condicións xerais
A utilización do Bono Alsa Pass implica o coñecemento a aceptación das seguintes condicións:- Os billetes son nominativos
- Só válido para percorridos nacionais
- Admítense anulacións se non se emitiu nin usou ningún billete
- Non se pode realizar o mesmo traxecto en ida e volta o mesmo día
- Podes comprar ata 3 billetes por día para traxectos diferentes
Para máis información sobre as condicións do bono preme aquí.
As nosas suxestións
Aínda non o tes claro?
Propómosche catro rutas coas cales poderás percorrer España sen perder nada.
Bilbao - Santander - Xixón - A Coruña - León - Burgos - Donostia - Bilbao
Chegada e saída desde Bilbao. Goza da súa famosa cociña e cultura, incluído o impresionante Museo Guggenheim. A ruta inclúe cidades magníficas como Santander, Xixón, A Coruña, León, Burgos e a bela Donostia.
Madrid - Granada - Sevilla - Córdoba - Málaga - Granada - Madrid
Chegada e saída desde Madrid, coñecida pola súa variada oferta de lecer, tanto diúrno coma nocturno. Nesta ruta descubrirás algunhas das máis famosas cidades de Andalucía e os seus tesouros arquitectónicos: Granada e La Alhambra, Sevilla e o Alcázar, Córdoba e a súa Mesquita, e Málaga e a súa Alcazaba.
Barcelona - Tarragona - Valencia - Málaga - Alacant - Madrid - Barcelona
Chegada e saída desde a monumental Barcelona, berce do modernismo e da cociña de vangarda. Na mesma ruta encontrarás Tarragona, Valencia, Málaga, Alacant e a capital do país, Madrid.
Madrid - Alacant - Almería - Málaga - Granada - Madrid
Chegada e saída desde Madrid, corazón do país, unha cidade cargada de enerxía con infinitos plans entre os que escoller. Nesta ruta poderás gozar da costa valenciana, do seu ambiente cargado de festa, os seus arroces e as frescas augas do Mediterráneo, e continuares co máis popular de Andalucía, vivindo a súa arte, a súa cultura de orixe árabe e as súas ricas tapas.