Na maioría dos autobuses, os asentos pares corresponden a prazas de corredor e os impares ás de ventá. Porén, se desexas asegurarte, podes consultar o plano do autobús durante o proceso de compra.

www.alsa.es/gl

  1. Unha vez seleccionado o servizo desexado, en «Personaliza o teu asento» entra en «CAMBIAR ASENTO».
  2. Despregarase un plano do autobús coas prazas numeradas, onde verás o teu asento en azul.
  3. Se o desexas, dependendo das prazas dispoñibles, podes cambiar o teu asento no autobús. O custo por cambio de asento dependerá do tipo de autobús e da tarifa asociada ao teu billete.

App

  1. Tras escoller o horario, pasarás a «Servizos adicionais». Se non estás identificado como Alsa Plus, deberás introducir os teus de viaxeiro.
  2. En «Asentos» entra en «MODIFICAR» e aparecerá un plano do autobús coas prazas numeradas co teu asento marcado en cor azul.
  3. Se o desexas e quedan prazas libres, poderás modificar o teu asento no autobús. O custo por cambio de asento dependerá do tipo de autobús e da tarifa asociada ao teu billete.

Teléfono, puntos de venda e máquinas autovenda

Quer en teléfonos, quer en puntos de venda, no momento da compra do teu billete, o persoal do servizo poderá informarte da localización da túa praza. En máquinas autovenda, ao seleccionares o teu asento durante o proceso de compra, poderás visualizar o plano do autobús e a localización da túa praza.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)