En Alsa os menores de 12 anos benefícianse de descontos na compra de billetes e bonos:

En traxectos nacionais:

  • Bebés de 0 a 3anos: viaxan gratis.
  • Nenos de 4 a 11 anos: 30 % dto.

Condicións

  • Imprescindible presentar a documentación que acredite a idade do neno ou bebé ao subir ao autobús.
  • O desconto de «Neno» aplicarase sobre o prezo dun billete adulto con tarifa base, e entendemos tarifa base o prezo do traxecto sen tarifas especiais, descontos nin promocións. Desconto non acumulable a outras promocións nin descontos, excepto a Familia Numerosa.
  • O desconto aplicarase unicamente sobre o prezo do billete de nenos e bebés, non sobre os gastos de xestión nin os complementos do billete (equipaxe extra, seguro de viaxe…).
  • O billete do bebé deberá ir sempre asociado a un billete de adulto.
  • Se un adulto viaxa con máis dun bebé, o primeiro viaxará gratis, ao segundo aplicaráselle un 30% de desconto sobre a tarifa base, e o terceiro e seguintes pagarán a tarifa base.

Como obter o desconto para nenos e bebés

En www.alsa.es/gl, na app e nas máquinas autovenda:

  • No buscador de compra, identifica os viaxeiros como «Bebés» ou «Nenos» segundo o caso. Lembra que os billetes de tipo «Bebé» deben ir sempre asociados a un billete de viaxeiro adulto.
  • Ao pasar a «Elixe o teu horario», selecciona o billete desexado.
  • No resumo de compra, o primeiro billete «Bebé» aparecerá cun importe de 0€ e o neno, cun 30% de desconto sobre o prezo dun billete adulto con tarifa base para o traxecto seleccionado (e entendemos como tarifa base o prezo dun determinado traxecto sen tarifas especiais, descontos nin promocións).
  • Imprescindible presentar, no momento do embarque, a documentación que acredite a idade do neno ou bebé.

En puntos de venda e venda telefónica:

  • Informar sobre a idade dos viaxeiros no momento da compra.
  • Mostrar documento acreditativo da idade dos nenos ao subiren ao autobús.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)