En Alsa os grupos de 4 a 20 viaxeiros gozan dun 30 % de desconto na compra de billetes. Desconto dispoñible en todas as canles de compra.

Condicións

  • Tipos de billetes: só ida ou ida e volta pechada.
  • Tipos de autobús: Comfort.
  • Antelación mínima de compra: 1 día.
  • Admite cambio, pero non anulación.
  • Excluídos os traxectos a ou desde os aeroportos e servizos Almendralejo-Sevilla e Sevilla-Mérida.
  • Excluídos os servizos para viaxar os seguintes días: 01/07, 14/07, 25/07, 01/08, 15/08.

Para obtelo:

www.alsa.es/gl e na app para traxectos nacionais:

1. No buscador de compra, especifica o número de viaxeiros (mínimo 4).

2. Ao chegares a «Elixe o teu horario» encontrarás os billetes catalogados como «TARIFA GRUPO» nos servizos correspondentes.

3. Unha vez elixido o billete, deberás aceptar as condicións de compra da tarifa (só web e App).

4. Na App, poderás visualizar os billetes beneficiados con «TARIFA GRUPO» no resumo de compra.

Venda telefónica, puntos de venda e máquinas autovenda:

  • Se compras os teus billetes polo 902 422 242, especifica o número de billetes que desexas comprar (4 – 20) e, se o traxecto conta con esta tarifa, aplicarase no momento do pagamento.
  • En puntos de venda, especifica o número de billetes para comprar (de 4 a 20) e se o traxecto seleccionado conta con esta tarifa, aplicaráselle ao prezo total dos billetes.

Traxectos internacionais

  • En traxectos con destino Europa, excepto Portugal, reservando os billetes do grupo a través do teléfono de Información e Venda, aplicarase unha tarifa especial á compra.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)