En Alsa as familias numerosas benefícianse de descontos na compra de billetes e bonos:

  • 20% dto -Familia Numerosa Categoría Xeral.
  • 50% dto -Familia Numerosa Categoría Especial.

Condicións

  • Beneficio acumulable a outros descontos e promocións.
  • Desconto dispoñible en calquera canle ALSA de venda de billetes.
  • Non dispoñible en traxectos internacionais.
  • O desconto aplicarase unicamente sobre o prezo do billete, non sobre os gastos de xestión nin os complementos do billete (transporte de mascotas, equipaxe extra, material deportivo…).

Ao acceder ao autobús, independentemente da canle de compra, deberás mostrarlle ao condutor o documento de Identidade e o documento de familia numerosa, vixente no momento da viaxe, que te acredite como beneficiario do desconto.

Se o viaxeiro non porta o documento ou este caducou, deberá comprar un novo billete e aboar a totalidade do prezo sen o desconto de Familia Numerosa para poder viaxar, dado que non existe a opción de anulalo nin de pagar a diferenza.


Como aplicar o desconto de Familia Numerosa

Nun punto de venda

Deberás presentar o Documento de Identidade e o Título Oficial de Familia Numerosa, que deberá estar en vigor durante a viaxe.

En venda telefónica e máquinas autovenda

Deberás identificarte como beneficiario do desconto de familia numerosa durante a compra e mostrarlle o título oficial vixente ao condutor, xunto co teu Documento de Identidade, no momento de subir ao autobús.

En www.alsa.es/gl

Debes aplicar o desconto de forma individual para cada pasaxeiro:

  • Ao introducires os «Datos do pasaxeiro», marca a casa «Teño algún tipo de desconto», que está localizado debaixo de «Tipo de documento».
  • Selecciona a opción «Familia Numerosa Xeral» ou «Familia Numerosa Especial», conforme o caso.

No resumo de compra, poderás ver o importe descontado e o prezo final.

Na app

Se es cliente Alsa Plus:

  • Tras escoller o teu billete, pasarás a «Servizos adicionais».
  • Preme na icona «Editar» xunto aos teus datos de viaxeiro.
  • Entre en «FAMILIA NUMEROSA E OUTROS BENEFICIOS» e escolle «Familia Numerosa Xeral» ou «Familia Numerosa Especial», segundo o teu caso.

Se non es cliente Alsa Plus:

  • Unha vez escollido o billete, accederás a «Datos do(s) pasaxeiro(s)».
  • Introduce os teus datos e entra en «FAMILIA NUMEROSA E OUTROS BENEFICIOS».
  • Escolle «Familia Numerosa Xeral» ou «Familia Numerosa Especial», segundo o teu caso.

No resumo de compra, poderás ver o prezo final e o importe descontado.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)