Alsa permite a viaxe con animais baixo as seguintes condicións:

  • O animal viaxará baixo a responsabilidade do propietario, que irá no mesmo autobús.
  • Máximo unha mascota por vehículo, que viaxará na bodega nun espazo reservado para tal.
  • Só se admitirán animais pequenos como cans, gatos, aves (non de curral…) cun peso inferior a 10 kg.
  • Excepcionalmente, previa autorización do técnico do servizo, aceptaranse outras mascotas non perigosas.
  • O animal viaxará nunha gaiola, transportador ou outro elemento pechado, ríxido e impermeable proporcionado polo viaxeiro.
  • A mascota será maior de 12 semanas, identificada con microchip, debidamente documentada (Sistema de Identidade Individual de Animais –SIIA–, Cartilla sanitaria actualizada), desparasitada externa e internamente e vacinada consoante a normativa de orixe e destino do transporte.
  • Non se admiten femias preñadas ou con só unha semana transcorrida tras o parto.
  • O animal será quen de moverse por si mesmo e non terá feridas.
  • O día da viaxe, preséntate 15 minutos antes da saída para depositares persoalmente o transportador no autobús.
  • Os cans de asistencia poden viaxar no interior do autobús, cos pasaxeiros, sen custo adicional. Deberán ir documentados.
  • Non está permitido o transporte de animais en traxectos internacionais.

Por motivos de seguridade, NON recomendamos viaxar con mascotas en datas e horas en que a temperatura ambiente sexa superior aos 25ºC.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)