Se tes un acto, reunión de traballo, excursión escolar ou calquera ocasión que requira dun servizo de traslado personalizado, Alsa pon á túa disposición unha ampla variedade de ofertas de vehículos con condutor, desde coches de alta gama e furgóns VIP ata minibuses de 19 prazas. Para solicitar o servizo:

  1. Entra na sección «Alugueiro de coches» da páxina web.
  2. Cubre o formulario facilitando a máxima información sobre o servizo que precisas e acepta as condicións.
  3. Un profesional do servizo contestarache a través do correo que indicaches no formulario co prezo máis IVE do servizo para as prazas e o traxecto que indicaches.
  4. Se desexas contratar o servizo ou solicitar máis información, deberás contestarlle ao comercial que te contactou co orzamento e formalizar a transacción.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)