Coches con condutor
Alsa pon a túa disposición unha ampla gama de coches con condutor que poderán recollerte en calquera punto que escollas e levarte ao destino que solicites. Algúns dos servizos que máis demandan os usuarios deste servizo son:
- Casamentos
- Despedidas
- Festas
- Eventos
- Colexios
- Negocios
Se tes en mente algo distinto, ponte en contacto connosco e ofrecerémosche as mellores solucións en transporte. Destacamos polo noso compromiso e xestión de vehículos para que o único do que teñas que preocuparte sexa gozares do teu acto especial.
Para que poidas gozar deste servizo en calquera tipo de eventos, dámosche máis información sobre os nosos vehículos e as súas capacidades:
- Mercedes Vito: 5 prazas
- Mercedes Viano: 7 prazas
- Furgóns VIP: 9 prazas
- Minibuses: de 9 a 19 prazas