Campo requirido.
Campo requirido.
Esquecín o meu contrasinal
Facebook Connect
Non es cliente Alsa Plus? Rexístrate

Enviámosche un email...

Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.

Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam..

Sentímolo, houbo un erro ao comprobarmos a túa invitación

Por favor, solicita ao teu amigo que che xenere unha nova invitación.
Se o prefires, podes continuar co proceso de alta en Alsa Plus, pero PERDERÁS as vantaxes de ingresar por invitación.

Enviámosche un email...

Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.

Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam..

  • Galego
    • Español
    • Deutsch
    • Català
    • Français
    • English
    • Italiano
    • Portugues
    • Euskara
    Galego

    Cambio de lenguaje

  • Atención ao cliente
  • Alsa Empresas
  • Alsa Plus: Inicia Sesión

    Acceso

    Alsa Plus: Inicia Sesión
Logo Alsa, ir a inicio
Inicia sesión
Alsa Plus
    Logo Alsa, ir a inicio

    Acceso

    Autobuses adaptados

    Adaptamos os nosos autobuses ás necesidades especiais dos viaxeiros con mobilidade reducida. Consulta a dispoñibilidade e as características de cada vehículo e servizo.

     

    Todos os autobuses interurbanos adaptados dispoñen de…

    Sinalización exterior

    Sinalización exterior correspondente á súa homologación en accesibilidade.

    Botón para solicitude da plataforma elevadora

    Botón exterior para solicitude de plataforma elevadora motorizada.

    Plataforma elevadora

    Plataforma elevadora motorizada para facilitar o acceso ao autobús de viaxeiros en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida.

    Sistema de barras e agarradoiras

    Trama completa de barras e agarradoiras en cor de contraste e material antiescorregadizo para facilitarlles o acceso e abandono do autobús aos pasaxeiros en cadeira de rodas, con discapacidade ou mobilidade reducida.

    Piso do vehículo adaptado

    Piso do autobús en materiais antiescorregadizos e que non produzan reflexos, tanto en seco como en mollado.

    Borde dos chanzos sinalizados

    Borde dos chanzos de acceso ao autobús en cor de contraste, xeralmente amarelo ou en material reflector.

    Iluminación na zona de acceso

    Iluminación na zona dos chanzos de acceso.

    Prazas de pasaxeiros en cadeira de rodas (PMRCR)

    Espazo libre de asentos para pasaxeiros en cadeira de rodas. Require reserva previa polo menos 48 horas, que deberá indicarse durante o proceso da compra. As prazas para pasaxeiros en cadeira de rodas teñen o mesmo custo que os asentos convencionais e estas prazas non se poden seleccionar, dado que estes espazos están predeterminados no vehículo. Os viaxeiros en cadeira de rodas que desexen viaxar nun asento convencional deberán indicalo no proceso da compra. Ademais, deberán ser capaces de acceder ao autobús e acomodarse nos seus asentos de forma autónoma ou viaxar cun acompañante que os asista. Neste caso a cadeira de rodas poderá almacenarse na bodega como equipaxe.

    PMRCR: Persoa con Mobilidade Reducida en Cadeira de Rodas.

    Botóns xunto a prazas PMRCR

    Botóns de parada xunto a prazas para pasaxeiros en cadeira de rodas.

    Cintos especiais

    Extensións de cintos de seguridade para os usuarios que o necesiten e cintos especiais para mulleres embarazadas.

    Algúns dos nosos autobuses interurbanos dispoñen de…
    • Sistema de axeonllamento (kneeling) que reduce a altura do vehículo para facilitarlles o acceso a pasaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida.

    • Prazas destinadas a viaxeiros con mobilidade reducida ou pasaxeiros con algunha discapacidade. Estas prazas contan con tapicería diferenciada e maior espazo para viaxar co seu can de asistencia en caso necesario e inclúen adhesivos distintivos.

       

    • Botóns de parada e chamada xunto aos asentos reservados para os viaxeiros con discapacidade e necesidades especiais.
    • Suxeición para can de asistencia xunto aos asentos reservados para os viaxeiros con mobilidade reducida.

    • Placas coa numeración dos asentos e información sobre aspectos de seguridade en braille.

    • Dispositivos de indución magnética para garantir o acceso á información dos pasaxeiros con problemas de audición.

     

    * O WC do autobús non se encontra adaptado en ningunha das nosas rutas e servizos.

    ** Non todas as rutas dispoñen de vehículos e servizos adaptados.

    Todos os autobuses urbanos e metropolitanos adaptados inclúen…

    Sinalización exterior

    Sinalización exterior correspondente á súa homologación en accesibilidade.

    Sistema de axeonllamento

    Sistema de axeonllamento (kneeling) que reduce a súa altura para facilitarlles o acceso ao vehículo aos pasaxeiros con mobilidade reducida.

    Botón para solicitude da plataforma elevadora

    Botón exterior para solicitude de despregamento da rampla elevadora.

    Plataforma elevadora

    Plataforma motorizada ou elevadora para o acceso ao autobús de viaxeiros en cadeira de rodas.

    Sistema de barras e agarradoiras

    Trama completa de barras e agarradoiras con superficie antiescorregadiza e en cor de contraste para facilitar a súa localización.

    Piso do vehículo

    Piso do autobús en materiais antiescorregadizos e que non produzan reflexos nin en seco nin en mollado.

    Prazas para Persoas con Mobilidade Reducida en Cadeira de Rodas

    Superficie libre de asentos con capacidade para albergar polo menos un viaxeiro en cadeira de rodas.

    PMRCR: Persoa con Mobilidade Reducida en Cadeira de Rodas.

    Asentos preferentes

    Asentos preferentes na parte dianteira do autobús para persoas con mobilidade reducida ou pasaxeiros con algunha discapacidade.

    Información visual e sonora sobre paradas

    Dispositivos que, de forma visual e sonora, indican sobre o estado da solicitude da próxima parada e o nome desta.

    Botóns xunto a prazas PMRCR

    Botóns para a solicitude da parada xunto a espazos para pasaxeiros en cadeira de rodas.

     

    * Non todas as rutas dispoñen de vehículos e servizos adaptados.

    • Home
    • A túa viaxe
    • Accesibilidade e necesidades especiais
    • Autobuses adaptados

    • Sobre Alsa
    • Emprego e formación
    • Solucións publicitarias
    • Contacta

    Síguenos

    logo-footer
    • Aviso legal e política de privacidade
    • Política de cookies
    • Condicions de compra
    • Mapa web
    ...

    Estás usando un navegador desactualizado o muy antiguo. Te recomendamos que lo actualices o que uses un navegador más moderno.

    Te sugerimos navegadores como Firefox o Chrome para mejorar tu experiencia de navegación en www.alsa.es.

    Pechar