o

Campo requirido.
Ver contrasinal
Campo requirido.
Esquecín o meu contrasinal
Non es cliente Alsa Plus? Rexístrate

Enviámosche un email...

Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.

Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam.

Sentímolo, houbo un erro ao comprobarmos a túa invitación

Por favor, solicita ao teu amigo que che xenere unha nova invitación.
Se o prefires, podes continuar co proceso de alta en Alsa Plus, pero PERDERÁS as vantaxes de ingresar por invitación.

Skip to Main Content
  • Galego
    • Español Español
    • Català Català
    • Français Français
    • English English
    • Italiano Italiano
    • Português Português
    • Euskara Euskara
    • Deutsch Deutsch
    Galego

  • Atención ao cliente
  • Alsa Empresas
  • Alsa Empresas
  • Inicia Sesión

    Acceso

    Acceso

Logo Alsa, ir a inicio

    Política de privacidade

    En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, VIAJES ALSA, S. A. U. informa os usuarios da páxina web www.alsa.es/gl/alsa-viaxes, acerca da súa política de privacidade e protección de datos de carácter persoal, para que os usuarios determinen, libre e voluntariamente, se desexan facilitar os datos persoais que lles poidan ser solicitados, con ocasión dos servizos ofertados pola empresa a través deste medio.

    O usuario poderá proporcionarnos, de forma voluntaria, información de carácter persoal, ben a través dos formularios de recollida de datos da páxina web, ben mediante o enderezo de correo electrónico habilitado para tal efecto. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que a subministración de calquera dato de carácter persoal a través da nosa páxina web implica aceptar e consentir o tratamento destes nos termos indicados na presente política de privacidade. Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento, tanto automatizado como, no seu caso, convencional, e incorporados e conservados nun ficheiro titularidade de VIAJES ALSA, S. A. U., e encóntrase debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

    En xeral, a recollida e tratamento dos seus datos persoais ten como finalidades as que a continuación se relacionan: (I) xestionar satisfactoriamente a compra de billetes en liña efectuada (II) poder contactar co usuario; (III) atender e xestionar adecuadamente as reservas, consultas, comentarios, incidencias ou suxestións remitidos; (IV) xestionar as tarefas básicas de administración; (V) mantelo informado ben por correo electrónico, ben por calquera outro medio, de novidades, produtos e servizos (no seu caso, xestionar a súa adecuada prestación) relacionados con VIAJES ALSA, S. A. U. ou con empresas do sector de transporte de viaxeiros por estrada relacionados con esta que puidesen resultar do seu interese. Respecto do tratamento dos seus datos con fins promocionais ou publicitarios, facilitaráselle ao afectado, xunto co formulario de recollida de datos correspondente, o oportuno procedemento, sinxelo e gratuíto, para que poida sinalar libremente a súa oposición ao respecto. Os destinatarios da información facilitada serán o persoal responsable da empresa, así como as empresas que prestan o servizo AlsaCab solicitado, e comprométense na utilización dos datos facilitados a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coas finalidades sinaladas.

    VIAJES ALSA, S. A. U. adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais requiridos pola normativa vixente, en función do tipo de información tratada e implantou outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais facilitados. VIAJES ALSA, S. A. U., garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade para garantir a seguridade da información e da confidencialidade dos datos que vostede nos envía pola Internet. Para iso, utilízase a tecnoloxía de seguridade Secure Socket Layer (SSL), sistema que permite a cifraxe da información que nos envía, e evita a súa lectura mesmo se é interceptada inadecuadamente. O servidor de VIAJES ALSA está certificado, de modo que o seu navegador pode confirmar a identidade de VIAJES ALSA antes de que ningunha transmisión sexa enviada. Este certificado garante a identidade do computador de destino para o cal se están enviando os seus datos. Pode recoñecer que a seguridade SSL está operativa mediante a aparición da icona dun cadeado na marxe inferior da maioría dos navegadores. Se preme sobre esta icona aparecerá o certificado asociado coa conexión de seguridade. Non obstante o anterior, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.

    O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá levarse a cabo, conforme o disposto na normativa vixente, mediante solicitude dirixida ao noso enderezo de correo electrónico asesoria@alsa.es ou ao enderezo postal: VIAJES ALSA, S. A. U., Calle Miguel Fleta, 4, 28037, Madrid, mediante anexo en todo caso, de fotocopia do DNI ou documento equivalente válido en dereito que permita acreditar a súa identidade.

    O usuario responderá, en calquera caso, pola veracidade dos datos facilitados, a VIAJES ALSA e reserva o dereito a excluír dos servizos rexistrados todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito. O usuario faise responsable de comunicar calquera modificación dos datos persoais facilitados.

    VIAJES ALSA cumprirá o disposto na normativa vixente en canto ao deber de cancelación da información persoal que deixase de ser necesaria para o fin ou os fins para os cales foi recollida, e bloqueará a mesma, co fin de poder atender as posibles responsabilidades derivadas do tratamento dos datos, e só durante os prazos de prescrición de ditas responsabilidades. Unha vez transcorran ditos prazos, eliminarase definitivamente esa información mediante métodos seguros.

    Os menores de 14 anos non deberán enviar ningunha información persoal sen o consentimento do seu pai ou titor. VIAJES ALSA non é responsable de ningunha información persoal enviada polos menores de 14 anos sen a autorización oportuna.

    VIAJES ALSA, S. A. U. reserva o dereito a modificar a presente Política de Privacidade para adaptar novidades lexislativas ou xurisprudenciais, polo que recomendamos a súa lectura antes de cada acceso e navegación polo sitio web. Non obstante o anterior, as relacións establecidas cos usuarios, con anterioridade á modificación da presente Política de Privacidade, rexeranse polas normas previstas no momento en que o usuario accedeu ao sitio Web para o seu establecemento.

    • Home
    • Política de privacidade

    • Sobre Alsa
    • Xestion de billetes
    • Emprego e formación
    • Solucións publicitarias
    • Contacto

    Síguenos

    • Facebook
    • Instagram
    • Twitter
    • Youtube
    • Linkedin
    • TikTok
    Logo Alsa
    • Aviso legal
    • Política de privacidade
    • Política de cookies
    • Condicions de compra
    • Mapa web
    • Accesibilidade na web
    Pechar