o

Campo requirido.
Ver contrasinal
Campo requirido.
Esquecín o meu contrasinal
Non es cliente Alsa Plus? Rexístrate

Enviámosche un email...

Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.

Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam.

Sentímolo, houbo un erro ao comprobarmos a túa invitación

Por favor, solicita ao teu amigo que che xenere unha nova invitación.
Se o prefires, podes continuar co proceso de alta en Alsa Plus, pero PERDERÁS as vantaxes de ingresar por invitación.

Skip to Main Content
  • Galego
    • Español Español
    • Català Català
    • Français Français
    • English English
    • Italiano Italiano
    • Português Português
    • Euskara Euskara
    • Deutsch Deutsch
    Galego

    Selecciona un idioma

  • Atención ao cliente
  • Alsa Empresas
  • Alsa Empresas
  • Inicia Sesión

    Acceso

    Acceso

Logo Alsa, ir a inicio

    Carta de servicios

    Os nosos compromisos

    En ALSA, sempre traballamos co obxectivo de mellorar día a día os nosos servizos e conseguir a súa máxima satisfacción cada vez que decida viaxar connosco.

    Por iso, hoxe temos o pracer de presentarlle a nosa Carta de Servizos. Nela encontrará todos os compromisos que queremos asumir con vostede para ofrecerlle un servizo de calidade así como o que pode esperar de nós en cada viaxe:

    • Viaxará seguro connosco
    • Os nosos servizos serán puntuais e fiables.
    • Encontrará con facilidade toda a información dos nosos servizos.
    • Recibirá un trato amable e profesional.
    • Gozará de todas as facilidades á hora de organizar a súa viaxe.
    • Estaremos siempre ao seu lado.
    • Continuaremos investindo na nosa frota, persoas e servizos.
    • Estaremos comprometidos coa Comunidade.

    Goce da súa viaxe con ALSA

    Viaxará seguro connosco

    Porque a súa seguridade é a nosa máxima prioridade.

    Operamos baixo os máis estritos procedementos de seguridade, non só aplicando rigorosos plans de mantemento na nosa frota senón poñendo unha constante atención á selección e formación do noso persoal.

    A nosa frota cumpre todas as esixencias legais e regulamentarias en materia de seguridade, dispoñendo de información a bordo sobre o modo de actuación en caso de accidente así como dos equipos necesarios para estes casos: extintores, martelos rompe cristais, ventás de socorro e sinalización de apertura de portas.

    Os nosos servizos serán puntuais e fiables

    Porque asumimos o compromiso de ofrecerlle un servizo de calidade.

    Realizamos unha minuciosa programación dos nosos servizos para garantir, en situacións normais de explotación, o cumprimento dos horarios de saída e chegada.

    Para conseguir unha maior fiabilidade das nosas operacións, a maioría da nosa frota dispón da tecnoloxía necesaria para o seguimento dos vehículos, monitorización do progreso e situación.

    O billete sempre garante unha praza para viaxar no servizo especificado nel. Se por calquera causa se cancelase o servizo, Vostede ten dereito á devolución do prezo do billete ou a viaxar noutra expedición.

    Encontrará con facilidade toda a información dos nosos servizos

    Porque poñemos á súa disposición unha gran variedade de canles de información e venda.

    Queremos proporcionarlle información completa sobre os nosos servizos e facilitarlle a compra dos seus billetes e, por iso, encontrará todo o que busca nos seguintes canles:

    • Ampla red de Oficinas de Venda.
    • Páxina web: www.alsa.es
    • Servizo telefónico de Información e Venda: 902 42 22 42.
    • Aplicacións en dispositivos móbiles (tablets e smartphones).
    • Máquinas autovenda.
    • Red de caixeiros de La Caixa.
    • Axencias de Viaxe.
    • Venda a bordo do autobús.

    Sempre lle ofrecemos o billete máis axeitado ás súas necesidades tanto por prezo coma por comodidade a través dos nosos billetes combinados.

    Adicionalmente poñemos á súa disposición a frota de autobuses de gran Calidade (Premium, Supra, Eurobus) en varios dos itinerarios interurbanos e convidámolo a participar no noso programa de fidelización ALSAPLUS+ para que poida beneficiarse de múltiples vantaxes.

    Recibirá un trato amable e profesional

    Porque o noso persoal recibe formación específica en atención ao cliente.

    Tratámolo con amabilidade e respecto, tentamos solucionarlle as súas dúbidas de inmediato ou, no seu caso, indicámoslle onde poden atender correctamente ás súas peticións.

    Asegurámonos de que o noso persoal cumpre estritamente os nosos estándares de calidade en materia de atención ao cliente e recibe formación específica en tratamento de viaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida (PMR).

    Gozará de todas as facilidades á hora de realizar a súa viaxe

    Porque queremos que realice a súa viaxe dun xeito agradable e sinxelo.

    Facilitándolle o transporte da súa equipaxe voluminosa, bicicletas e mascotas, en determinadas condicións.

    Facilitándolle a compra do seus billetes cunha antelación de ata seis meses.

    Facilitándole o cambio ou cancelación do billete a través da mesma canle utilizada na compra (incluida a nosa páxina web e servizo telefónico).

    Facilitándolle a emisión dunha factura dixital dos seus billetes se o solicita a través da nosa páxina web.

    Estaremos sempre ao seu lado

    Porque nos comprometemos a contestar a totalidade das suxestións, queixas e reclamacións.

    En caso de atraso ou de calquera outra incidencia na realización do servizo, Vostede ten dereito a ser informado debidamente e, baixo petición, facilitarémoslle un xustificante dos  atrasos producidos.

    No suposto de que extravíe algún obxecto durante a súa viaxe, comprometémonos a realizar unha busca áxil e activa deste e poñerémonos en contacto con vostede cando o encontremos.

    Temos establecidas unha serie de compensacións aos clientes, en caso de que non se cumpran determinados niveis de calidade por causas imputables á nosa empresa.

    Continuaremos investindo na nosa frota, persoas e servizos

    Porque queremos estar á vangarda do sector.

    A nosa frota de autobuses é moderna e de calidade. Ademais, continuamente aplicamos rigorosos plans de mantemento para estar sempre a punto.

    A nosa frota cumpre esixentes estándares de confort adaptados a cada servizo e protocolos diarios de limpeza interior e exterior que permiten ofrecer unhas condicións óptimas para a súa viaxe connosco.

    As nosas persoas están debidamente preparadas para desempeñar funcións de atención ao cliente e seguiremos formándonos para estar á altura das súas expectativas. A seguridade tamén é unha materia primordial para nós e a formación nesta área é continua.

    Estaremos comprometidos coa Comunidade

    Porque seguiremos contribuíndo á mellora das condicións sociais, ambientais e económicas.

    En consonancia cos nosos valores corporativos, mantemos acordos con numerosas Fundacións, ONGs, Universidades e demais Institucións docentes, académicas e investigadoras ademais de colaborar con diversas Administracións Públicas para fomentar a intermodalidade no transporte de viaxeiros.

    Dispoñemos de protocolos de actuación para atender de forma axeitada a persoas de mobilidade reducida (PMR). Se se pon en contacto connosco  para comunicarnos ás súas circunstancias persoais, comprometémonos a informalo das alternativas que podemos ofrecerlle.

    Somos respectuosos co medio contribuíndo a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) mediante a promoción do transporte público e a incorporación da frota máis eficiente do mercado, utilización de enerxías limpas e a implantación de programas de redución de consumo.

     

    Descargar a Carta de Servizos de ALSA en PDF (595Kb).

    • Home
    • Carta de servicios
    • Sobre Alsa
    • Traslados nas Illas Canarias
    • Traslados privados en España
    • Xestion de billetes
    • Emprego e formación
    • Solucións publicitarias
    • Contacto

    Síguenos

    • Facebook/
    • Instagram/
    • Twitter/
    • Youtube/
    • Linkedin/
    • TikTok/
    Logo Alsa
    • Aviso legal
    • Política de privacidade
    • Política de cookies
    • Condicions de compra
    • Mapa web
    • Accesibilidade na web
    Pechar