Privilegios en Compras é un club de compras por subscrición co que os seus usuarios poden aforrar ata 300 € cada mes nas súas compras cotiás en liña. Conta con máis de 700 tendas en liña adheridas nas que poderás obter un 10% de reembolso mínimo, ademais doutras vantaxes, por todas as compras realizadas a través da súa plataforma. Se queres estar ao día de todas as vantaxes que ofrece, podes acceder ao blog de Privilegios en Compras.
O cargo aparecerá reflectido no teu extracto bancario como “WLY*PRIVICOMPRAS.ES”, “PRIVICOMPRAS.ES”, “CASH.PRIVICOMPRAS” ou similar.
Canto custa Privilegios en Compras?
Privilegios en Compras é un servizo de subscrición cuxa cuota mensual se comezará a cobrar na tarxeta bancaria indicada no formulario de rexistro unha vez finalizado o período de proba gratuíto.
Como me dou de alta?
Tras finalizar a túa compra en Alsa.es, fai clic na ligazón que se mostra e completa o formulario de rexistro cos datos solicitados. Unha vez completado e aceptado o formulario, converteraste en membro de Privilegios en Compras e poderás comezar a utilizar todas as vantaxes que ofrece.
Que é o Vale de Benvida e como se utiliza?
O Vale de Benvida é un vale de reembolso que poderás utilizar tras converterte en membro de Privilegios en Compras seguindo estes pasos:
-
Realiza unha nova compra na web de ALSA.
-
Envía o correo electrónico de confirmación de compra a valedebienvenida@privilegiosencompras.es indicando o teu número de cliente.
-
En poucos días verás reflectido no teu perfil de cliente o importe correspondente ao teu Vale de Benvida, que poderás transferir á túa conta bancaria desde a páxina de “Pagamentos”.
Que é o Vale de Fidelidade e como podo aproveitalo?
O Vale de Fidelidade é un vale de reembolso do que, como cliente de Privilegios en Compras, poderás beneficiarche unha vez ao mes mentres te manteñas subscrito ao programa. Os pasos para usalo son os seguintes:
-
Fai unha compra na web de ALSA antes de que remate o mes.
-
Envía o correo electrónico de confirmación de compra a valedefidelidad@privilegiosencompras.es indicando o teu número de client.
-
En poucos días verás reflectido no teu perfil de cliente o importe correspondente ao teu Vale de Fidelidade, que poderás transferir á túa conta bancaria desde a páxina de “Pagamentos”.
Podo utilizar os meus vales de Benvida e Fidelidade noutra tenda diferente de ALSA?
Non, tanto o Vale de Benvida coma o Vale de Fidelidade son de uso exclusivo para compras realizadas en ALSA. Con todo, poderás utilizar ambos os dous vales no mesmo período, aínda que deberán ser canxeados en dúas compras distintas.
Como podo contactar con Privilegios en Compras?
Podes poñerte en contacto co Servizo de Atención ao Cliente de Privilegios en Compras a través de calquera das seguintes vías:
-
Por correo electrónico escribindo a: atencionalcliente@privilegiosencompras.es
-
Chamando ao número de teléfono gratuíto: 900 87 87 10. O seu horario de atención é de 9:00 a 21:00 de luns a venres e de 10:00 a 17:00 os sábados, agás festivos nacionais.
-
Enviando unha carta á seguinte dirección: Privilegios en Compras, Apartado de Correos 14596, 28080 Madrid
Como darse de baixa en Privilegios en Compras?
Se non estás satisfeito co servizo e desexas darte de baixa, podes facelo sen custo por calquera das seguintes vías:
-
Desde o teu espazo de cliente en Privilegios en Compras: vai ao menú “Conta” e fai clic en “Perfil”. No apartado “Xestión da subscrición” atoparás a opción para cancelar a túa subscrición. A baixa do servizo é inmediata e recibirás de forma automática todos os reembolsos acumulados ata o momento.
-
Por correo electrónico: atencionalcliente@privilegiosencompras.es
-
Por teléfono: contacta con Privilegios en Compras no 900 87 87 10. O horario de atención é de 9:00 a 21:00 de luns a venres e de 10:00 a 17:00 os sábados, agás festivos nacionais.
-
Por correo postal: envía un escrito solicitando a túa baixa a Privilegios en Compras, Apartado de Correos 14596, 28080 Madrid
Español
Català
Français
English
Italiano
Português
Euskara
Deutsch
