Bus do Nadal de Oviedo

Buscador

Goza das luces de Nadal de Oviedo

Goza das luces de Nadal de Oviedo

Xa é Nadal e Oviedo vístese de maxia, agasallos, sabores... e moita luz. Percorre a capital asturiana a bordo do bus do Nadal. Dende o 19 de decembro ata o 4 de xaneiro o noso autobús percorrerá o centro da cidade para que goces da decoración do Nadal que cobre o centro de Oviedo. Compra xa os teus billetes en alsa.es ou no propio autobús e goza do espectáculo de luz e cor que ofrece a capital ovetense. Corre que voan!

Información importante

DATAS

Tódolos días dende o 20 de decembro ao 4 de xaneiro (ámbolos dous incluídos) agás o 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.

SUBIDA E DESCENSO

O bus do Nadal ten a súa saída e chegada na rúa Marqués de Santa Cruz.

Rógase non acudir ata 5 minutos antes da hora de saída do autobús, para evitar aglomeracións.

PERCORRIDO NAVIBUS

Marqués de Santa Cruz, Argüelles, Azcárraga, N-634 (ata rotonda do Bulevar), Víctor Chávarri, Uría, Toreno, Avenida Galicia, Praza América, Avenida Galicia, rúa Cervantes, Avenida Santander, Independencia, Uría, Toreno, Santa Susana, Marqués de Santa Cruz

Saídas tódolos días
Ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00h

Duración do percorrido: 30 minutos aproximadamente.

PREZOS

Adultos
a partir de 12 anos

5€

Nenos
de 4 a 11 anos

2,5€

Bebés
de 0 a 3 anos

Gratis

Os bebés de 0 a 3 anos deben ter a súa entrada. Aínda que sexan gratuítas, é necesario adquirilas para a correcta organización de prazas no bus.

Condicións

  • Os billetes non permiten cambio nin anulación. A climatoloxía adversa (choiva ou frío) non suporá a suspensión do servizo, polo que tampouco se permiten cambios nin anulacións por este motivo.
  • Venda de billetes a través de alsa.es/navibus-oviedo  e no propio autobús.
  • Á hora de subir ao autobús, non é preciso levar o billete impreso. Podes presentar o billete en PDF no móbil, o localizador co teu documento de identidade ou o SMS de confirmación de compra, no caso de solicitalo.