Descarga Mobi4U

Un novo xeito de te moveres pola cidade, adaptado a ti

Descarga-lo de forma gratuita no teu teléfono intelixente e tablet

Mobi4U é a aplicación de MaaS (Mobility as a Service) propia de Alsa que ten integradas diferentes áreas urbanas onde o cliente pode consultar toda a información dos servizos que actualmente opera Alsa.

Estas son algunhas das funcións que ofrece Mobi4U:

  • A xeoposición do usuario detecta a área en que se atopa.
  • Os clientes teñen a opción de cambiaren entre áreas de xeito sinxelo a través do menú, que permite a selección orixe - destino desde o mapa interactivo, que integra unha representación gráfica do percorrido detallado.
  • Permite que o viaxeiro saiba a información de estimacións de pasos por parada ao instante, tendo en conta as posibles incidencias que poidan afectar as horas programadas.
  • Permite que o usuario planifique as súas viaxes, ofrecéndolle rutas personalizadas segundo os seus intereses e preferencias: a máis rápida, a máis barata, a máis ecolóxica ou a máis saudable.
  • Tamén é posible personalizar cada zona dispoñible na aplicación. Exemplo: Zona de Xaén, con cadro resumo de liñas.
  • Xestión do cliente e programa de fidelización Alsa Plus.
  • Dixitalización de vendas.

Neste vídeo corporativo podes completar a información que che ofrecemos anteriormente.

+ Rabat (Marruecos)

+ West Midlands (Reino Unido)