Bono Mensual Xove (15-26 anos)
Inicia sesión
Compra o teu bono e benefíciate de descontos!
Acceso
Enviámosche un email...
Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.
Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam.
Sentímolo, houbo un erro ao comprobarmos a túa invitación
Por favor, solicita ao teu amigo que che xenere unha nova invitación.
Se o prefires, podes continuar co proceso de alta en Alsa Plus, pero PERDERÁS as vantaxes de ingresar por invitación.
Inicia sesión ou rexístrate para mercar e utilizar o teu bono da forma máis áxil.
Xa existe un bono para o traxecto asociado ao documento indicado.
Se o bono é para un menor ou outro adulto, cómpre que o indiques no momento da compra.
Para comprar un bono asociado a un menor, o titor/adulto responsable debe acceder ou rexistrarse previamente.
Código fornecido polo Ministerio de Transportes
Erro ao verificar o código
{{ErrorText}}
Bono Mensual Xove (15-26 anos) | 70% de desconto
- 70% de desconto sobre a tarifa base. Viaxa todo o mes por moito menos.
- Para mozos nados entre o 1 de xaneiro de 2000 i o 31 de decembro de 2011 (entre 15 i 26 anos).
- Necesitas o teu código de rexistro único do ministerio: o código AJ26 (código viaxeiro).
- É un bono mensual, persoal e intransferible para unha ruta fixa (orixe-destino).
- Para viaxar nun mesmo orixe-destino entre comunidades autónomas (liñas de autobús estatais).
- A partir do 26 de xaneiro, válido por 30 días consecutivos desde a data seleccionada no momento da compra.
1. Obtén o
código AJ26 (código viaxeiro)
Rexístrate na
web
do
Ministerio para
conseguir o código.
2. Identifícate como
cliente
rexistrado ou Alsa Plus
para poder acceder ao bono.
3. Compra o teu bono
Na páxina de bonos.
Usa o código AJ26 (código viaxeiro)
para obter o código
do bono.
4. Obtén o teu billete
No buscador da
páxina principal de Alsa
.
Troca o teu billete a 0€.

5. Viaxa e a gozar!
- 70% de desconto sobre a tarifa base (prezo equivalente a 20 billetes cun 70% de desconto).
- Válido para mozos (nados entre 2000 e 2011, ambos incluídos) con DNI ou NIE en vigor.
- É imprescindible obter e usar o código AJ26 do Ministerio de Transportes.
- O bono é persoal, nominativo e intransferible.
- Podes engadir o desconto de familia numerosa a este bono. Lembra que o seu uso está restrinxido ao titular, e tanto o bono como os billetes identificaranse como tales.
- Dispoñibles para servizos Comfort. Agora tamén podes trocar os teus bonos en servizos Supra pagando a diferenza!
Activación e validez:
- A partir do 26 de xaneiro, a validez de 30 días vén determinada pola data seleccionada no momento da compra do bono, e non se modificará, aínda que dito viaxe se cambie ou anule.
- Importante! A primeira viaxe debe realizarse obrigatoriamente en 2026 para activar o abono.
- O período da medida para os bonos de 2026 é ata o 29/01/2027 se o primeiro uso se fai o 31/12/26.
- Para viaxar nun mesmo orixe-destino entre comunidades autónomas (liñas de autobús estatais).
- Uso indebido: notificarase ao ministerio cada uso indebido que se realice co bono. A acumulación de máis de 6 usos indebidos levará consigo a revogación do bono. Ademais, a persoa titular non poderá solicitar ningún outro bono con desconto en ningunha ruta ata que finalice a vixencia desta medida.
- Considérase un uso indebido:
- Reservar e non viaxar (sen anular con 24h de antelación).
- A utilización ou o intento de utilización dun billete por unha persoa distinta á titular do bono.
*Financiado polo Goberno de España
Preguntas frecuentes
O primeiro paso, antes de mercar o teu bono en Alsa, é conseguir o teu código persoal na web do Goberno.
-
Rexístrate na web do ministerio. Entra na plataforma oficial para rexistrar os teus datos. Recomendámosche facelo polo menos 24 horas antes de mercar o teu primeiro bono.
-
Enche os teus datos. Precisarás o teu DNI ou NIE. O sistema verificará que cumpres o requisito de idade.
-
Obtén o teu código. Unha vez finalizado o rexistro, recibirás o teu código AJ26. Apúntao! Precisarao para conseguir o teu bono.
-
Identifícate como cliente rexistrado ou Alsa Plus.
-
Escolle a túa ruta. Selecciona a orixe e o destino que precisas no buscador da páxina de Bonos.
-
Escolle o teu bono. Amosaranse os bonos dispoñibles, e aparecerá o “Bono Mensual Xove”. (O prezo total que se amosa do bono é xa o prezo co 70% de desconto aplicado. Como indica a normativa, o prezo de adquisición do Bono Mensual Xove será o equivalente ao importe de 20 billetes sinxelos bonificados co 70% de desconto.)
-
Ao seleccionalo, pedirache validar o teu código AJ26 e a partir de aí xa poderás mercar o teu bono. Lembra engadir os teus datos pois o bono é persoal, nominativo e intransferible.
-
Unha vez mercado. Enviarémosche un correo electrónico co teu bono e poderás velo tamén na túa área privada Alsa Plus.
Lembra que: o bono é válido durante 30 días. A validez de 30 días comeza na data da primeira viaxe que reserves, incluso se posteriormente anulas dita viaxe.
Unha vez que tes o bono, é moi fácil mercar os teus billetes!
-
Lembra, o primeiro é identificarte como cliente rexistrado ou Alsa Plus.
-
Indica na nosa páxina principal a orixe-destino que elixiches para o teu bono e selecciona a data de viaxe.
-
No apartado “Engade Código promocional/Bonos” deberás incluír o código do teu bono.
-
- Continúa o proceso de compra con normalidade, os billetes sairanche a 0€ pois xa pagaches cando adquiriches o bono.
A viaxar, esperámoste no bus!
O Bono Mensual Xove (15-26 anos) é nominativo. Só ti podes usalo. Ao subir ao autobús, o noso persoal poderá solicitarche un documento de identidade oficial (DNI, carné de conducir ou NIE) para comprobar que o bono che pertence. Non esquezas levalo sempre contigo!
Español
Català
Français
English
Italiano
Português
Euskara
Deutsch



