Bloquea o asento do lado

Buscador

Viaxa máis cómodo

Bloquea o asento contiguo para viaxares máis tranquilo, máis cómodo e sen ninguén á túa beira por un 30% da tarifa super flex, cun máximo de 6 €, nas rutas nacionais. En viaxes internacionais, cun 70 % de desconto sobre a tarifa normal (superflex) do billete.

Como funciona?

  • No paso 2 do proceso de compra («Personaliza o teu asento»), selecciona o asento no cal queres viaxar.
  • A seguir, selecciona o servizo «Bloquea o asento contiguo» e, se estiver dispoñible, xa terías 2 asentos para ti!
  • Se queres mudar o asento inicialmente asignado e xa tes bloqueada a praza contigua, terás que desmarcar este servizo para poderes seleccionar outro asento. Lembra que tes que seleccionar un asento que teña o contiguo baleiro para poderes bloquealo.

Condicións do servizo

  • O asento contiguo bloqueado non se pode utilizar para que viaxe outra persoa, xa que non se xera outro billete para o devandito asento.
  • Emítese un único billete que é válido para viaxar unha soa persoa.
  • Dispoñible en servizos nacionais de longo percorrido e servizos internacionais en clase Confort que sexan Alsa garantido.
  • Válido para todos os servizos excepto venres e domingos de 14 horas a 23:59 horas.
  • Prazas limitadas.
  • Venda dispoñible na web (non aplicacións) e venda telefónica.
  • Bloquear o asento contiguo pode que non estea dispoñible en todos os servizos, rutas e horarios.