Pódense transportar bicicletas, táboas de surf ou esquís?

Alsa facilítache o transporte de material deportivo. Podes solicitar o servizo en puntos de venda Alsa, web e App, que terá un custo de 20 € por traxecto.

Condicións

  • Admítese un só obxecto por billete, máximo 4 por vehículo.
  • O material irá debidamente embalado nunha caixa ou funda.
  • Os puntos de venda Alsa dispoñen de fundas para bicicletas desde 12 €.
  • Na web, na App e no teléfono 902 422 242 poderás engadir o servizo só durante o proceso de compra.
  • Unha vez finalizada a compra do billete, só poderás engadir este complemento en puntos de venda e dependerá da capacidade do vehículo.

Para engadir esta equipaxe na web:

1. Inicia a compra do billete.

2. Ao chegares a «Personaliza o teu asento», dentro de «Completa o teu billete» selecciona a opción «Material deportivo».

3. O complemento engadirase ao teu resumo de compra como «Servizo adicional».

Na App

Se es cliente Alsa Plus:

1. Se estás identificado como Alsa Plus, tras escoller o teu billete, pasarás a «Servizos adicionais».

2. Selecciona a opción «Material deportivo» e preme «CONTINUAR».

3. No resumo de compra, poderás ver o importe do complemento identificado como «Servizo adicional».

Se non es cliente Alsa Plus:

1. Inicia a túa compra e unha vez escollido o billete accederás a «Pasaxeiro principal».

2. Unha vez introducidos os teus datos, preme en «CONTINUAR».

3. No resumo de compra, poderás ver o importe do complemento identificado como «Servizo adicional».

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)