Os clientes Alsa Plus de 18 a 25 anos gozan de ata un 30% de desconto na compra de billetes e bonos para determinados traxectos.

Se tes entre 12 e 17 anos, pódeste beneficiar desta tarifa solicitando nun punto de venda, o formulario de rexistro Alsa Plus para menores de idade. Para iso, deberás presentar o teu documento de identidade e calquera documento de identificación do proxenitor que sexa cliente Alsa Plus e que demostre a relación de parentesco.

Condicións

  • Acumulable con descontos por compra de billetes de ida e volta pechada e desconto por Familia Numerosa.
  • Aplicable en servizos de Clase Normal (non aplicable en servizos Supra ou Premium).
  • Dispoñible a través de calquera canle de venda propia de Alsa identificándote como Alsa Plus.
  • Imprescindible, no momento do embarque, mostrarlle ao condutor o documento de identidade que te acredite como menor de 26 anos no momento da viaxe.
  • Esta tarifa non permite cambio nin anulación.
  • Non dispoñible en traxectos internacionais salvo en certas liñas orixe-destino Portugal.
  • Tarifa aplicable nos traxectos que podes encontrar nesta páxina.

Para beneficiarte desta tarifa en www.alsa.es/gl, app emáquinas autovenda:

1. Identifícate como cliente Alsa Plus antes de iniciares a compra.

2. No buscador de compra selecciona o tipo de viaxeiro «Tarifa Xove».

3. Ao chegares a «Elixe o teu horario» encontrarás os billetes indicados como «Tarifa Xove» nos servizos correspondentes, só se o teu traxecto conta con esta tarifa.

Teléfono de Atención e Venda, puntos de venda e máquinas autovenda:

  • A través do teléfono 902 422 242, identifícate como Alsa Plus y solicita el tipo de «Tarifa Xove» que se lle aplicará ao teu billete.
  • Nos puntos de venda, identifícate como cliente Alsa Plus e facilita o teu documento de identidade para la obtención da «Tarifa Xove».
  • En máquinas autovenda, unha vez escollido o billete, antes do momento do pagamento, selecciona o tipo de desconto.
  • É imprescindible, no momento do embarque, levar a documentación que te acredite como beneficiario do desconto.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)