Os viaxeiros de 14 a 29anos poden beneficiarse dun 15% de desconto na compra de billetes se dispoñen de Carné Xove. Para obter o desconto deben estar rexistrados como clientes Alsa Plus e contar co código de desconto que encontrarán na web do Carné Xove da súa Comunidade Autónoma.
Condicións
- Código exclusivo para viaxeiros Alsa Plus de 14 a 30anos que dispoñan de Carné Xove Europeo.
 - Non acumulable a outros descontos e promocións salvo Familia Numerosa e descontos en billetes de ida e volta.
 - Estes billetes admiten cambio e anulación.
 - Imprescindible, no momento do embarque, presentar o Carné Xove xunto ao documento de identidade que te acrediten como beneficiario do desconto.
 - En caso de non presentalo, perderá o importe completo do billete, sen posibilidade de reembolso. Se desexa viaxar, deberá adquirir un novo billete sen desconto.
 - Desconto só dispoñible na web e na app.
 - Para traxectos de longa distancia que discorran por máis dunha Comunidade Autónoma. Non dispoñible en traxectos internacionais.
 - 
      
A idade mínima para poder darse de alta como Alsa Plus na web e na App é de 18 anos. Os menores de idade que queiran beneficiarse das vantaxes para clientes Alsa Plus, como a Tarifa Xove ou o aforro nos gastos de xestión, poden darse de alta se os seus pais ou titores legais se rexistran como clientes Alsa Plus. Para iso, deberá remitirnos a alsaplus@alsa.es o seguinte formulario específico de rexistro de menores xunto co seu documento de identidade, o documento de identidade do pai, nai ou titor e calquera documentación que acredite a relación de parentesco.
 - Non dispoñible en traxectos internacionais.
 
Como obter o desconto
1. Identifícate como Alsa Plus antes de iniciares a compra.
2. No buscador de compra selecciona o tipo de viaxeiro "Xove".
3. No buscador, preme sobre «Código promocional/Bonos» e introduce o código de desconto que encontrarás na páxina do Carné Xove da túa Comunidade Autónoma.
4. Preme «BUSCAR O MELLOR PREZO» e nos resultados encontrarás os traxectos promocionados denominados como «CARNÉ XOVE».
5. Se o código non fose válido, aparecería a mensaxe «Código promocional inexistente» e se continuas coa compra, os resultados mostrarán os prezos sen se aplicar ningún desconto.
            					    Español
            					
            					    Català
            					
            					    Français
            					
            					    English
            					
            					    Italiano
            					
            					    Português
            					
            					    Euskara
            					
            					    Deutsch
            					


