En Alsa, durante o proceso de compra do billete, asignarase automaticamente un asento no autobús.

Como cambio de asento?

Podes modificar a túa praza a través da páxina web de Alsa, da App, do teléfono 902 422 242 e dos puntos de venda.

Condicións

O cambio de asento asignado por Alsa por defecto pode supor cargos asociados en función da maior ou menor demanda de determinadas prazas por parte dos usuarios e da optimización da ocupación do vehículo, entre outros.

Se desexas modificar o teu asento durante o proceso de compra:

Na web

1. Tras elixir o horario desexado pasarás a «Personaliza o teu asento».

2. Preme en «CAMBIAR ASENTOS» para visualizares o plano do autobús coas prazas numeradas.

  • O asento azul é a praza que ocupas actualmente no autobús.
  • Os asentos en verde seguen libres e, polo tanto, poderás seleccionalos.
  • Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros do mesmo servizo e xa non están dispoñibles.

3. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul e asignaráseche como praza no autobús.

Na App

1. Tras escoller o horario, pasarás a «Servizos adicionais». Se non estás identificado como ALSAPLUS+, deberás introducir os teus de viaxeiro.

2. Na opción «Asentos» preme en «MODIFICAR» para visualizares o plano do autobús coas prazas numeradas.

  • O asento azul é a praza que ocupas no autobús.
  • Os asentos verdes seguen libres e, polo tanto, poderás seleccionalos.
  • Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros do mesmo servizo e xa non están dispoñibles.

3. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul. Preme en «FEITO» e asignaráseche como praza no autobús.

Se desexas modificar o teu asento unha vez finalizada a compra do teu billete:

Na web

1. Na páxina principal, debaixo do buscador, preme en «Xestiona os teus billetes».

2. Elixe unha destas opcións para identificar o teu billete:

  • Localizador e DNI do comprador.
  • Método de pagamento e data de compra.

3. Entra en «Opcións» e preme en «CAMBIAR ASENTO» para visualizar o plano do autobús cos asentos numerados.

4. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul. Preme en «GARDAR» e asignaráseche como praza no autobús.

Na App

1. Desde o menú entra en «As miñas viaxes».

2. Se compraches o teu billete na web, podes importalo premendo en «Importar» e introducindo o teu documento de identidade e localizador.

3. A continuación entra en «Ver billete» e preme en «Cambiar billete».

4. Entrando en «Cambiar asento», poderás visualizar o plano do autobús cos asentos numerados:

  • O asento azul é a praza preasignada no autobús.
  • Os asentos verdes seguen libres.
  • Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros e xa non están dispoñibles.

5. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará a cor azul. Preme en «FEITO» e asignaráseche como asento no autobús.

Tamén poderás modificar o teu asento se compras a través do Teléfono de Información e Venda, puntos de venda e nas máquinas autovenda. Neste último método de venda só poderás modificar a túa praza durante o proceso de compra.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)