Alugueiro para casamentos
Para o voso gran día, o mellor transporte
En Alsa tamén queremos ser testemuñas do voso casamento; ofrecémosvos unha xestión integral do transporte adaptada ás necesidades do voso gran día, cun servizo totalmente flexible, personalizado e de máxima puntualidade.
Somos especialistas no sector, encargámonos ao ano da xestión do transporte de máis de 300 casamentos. Sabemos o importante que é o teu casamento, un día único na túa vida. Todo ten que saír perfecto! Por iso, nós non o queremos perder, queremos estar aí para quitarche a preocupación de organizares o transporte.
Servizo Básico, desde 193 €
- Servizo de traslado* dos noivos en Mercedes Benz clase E con condutor desde un punto dentro da área metropolitana de Madrid á igrexa ou lugar da cerimonia dos noivos, tamén dentro da Comunidade de Madrid.
- Servizo de traslado dos noivos para realizar a sesión fotográfica. Traslado dos noivos ata o lugar da celebración (dentro da Comunidade de Madrid).
- Inclúe responsable do casamento con atención personalizada telefónica 24 h.
- Opción decoración floral no vehículo: 45 €.
*O servizo ofertado ten un máximo de 4 horas e 150 km.
Servizo Estándar, desde 435 €
- Autobuses ata 54 prazas.
- Servizo de ida desde un punto da área metropolitana de Madrid ata un radio non maior de 50 km.
- Servizo de regreso á área metropolitana de Madrid desde o lugar de celebración.
- Inclúe responsable do casamento con atención personalizada telefónica 24 h.
Servizo Plus, desde 539 €
- Autobuses ata 54 prazas.
- Servizo de ida desde un punto da área metropolitana de Madrid ata un radio non maior de 50 km.
- 2 servizos de regreso (a diferente horario) á área metropolitana de Madrid desde o lugar de celebración.
- Inclúe responsable do casamento con atención personalizada telefónica 24 h.
Servizo Excellence, desde 720 €
- Traslado para os familiares en Mercedes Viano (7 persoas) con condutor, desde un punto da área metropolitana de Madrid ata un destino (dentro da Comunidade de Madrid).
- Disposición da Mercedes Viano para a familia durante todo o casamento para facer os traxectos que consideren necesarios*.
- Disposición de Mercedes Clase E para os noivos durante toda o casamento para facer os traxectos que consideren necesarios**.
- Traslado dos noivos desde un punto da área metropolitana de Madrid a un destino e posterior traslado ao lugar de celebración.
- Inclúe responsable do casamento con atención telefónica 24 h.
*Máximo 8 horas de disposición e máximo 150 km
**Máximo 4 horas de disposición e máximo 150 km
Servizo Premium, desde 1.300 €
- 3 autobuses de ida para o traslado de convidados desde un punto dentro da área metropolitana de Madrid ata o lugar da celebración.
- 3 autobuses de volta ás horas indicadas polo cliente.
- Traslado dos noivos ao aeroporto/estación para o comezo da súa lúa de mel.
- Inclúe responsable do casamento con atención telefónica 24 h.
Opción decoración floral no vehículo: 45 €.