Alsacab
Novo ALSAcab, o teu coche premium en Madrid e Santander!
O teu coche premium con chofer para ires e volveres da estación ao mellor prezo compartindo o traxecto. Dispoñible en Madrid e Santander!
Contámoste o ALSAcab en sinxelos pasos:
1. Resérvao facilmente en: alsa.es ao comprares o teu billete; despois da compra co localizador; ou chamando ao 902 42 22 42. A antelación mínima para facer a reserva é de 14 horas.
2. Indica o enderezo onde prefires que o noso chofer te recolla e o teu número de móbil.
3. Recibirás un correo electrónico co teu billete de autobús e o do ALSAcab.
• Se vas á estación, contactaremos contigo o día anterior á túa viaxe para confirmarche a hora de recollida no enderezo que indicaches.
• Se volves desde a estación, chamarémoste mentres esteas de camiño para confirmar o punto de encontro.
Lembra: ao ser un traxecto compartido, e pola comodidade de todos, só está permitido levar 1 vulto como máximo por persoa.
Cómodo, non si? E o mellor é o seu prezo por traxecto: 6,90 € en Madrid e 3 € en Santander.
Proba xa este servizo e comparte a túa experiencia #ALSAcab
Ademais, se necesitas máis información, podes contactar connosco no 902 42 22 42 ou en alsacab@alsa.es