Alsa está plenamente comprometida con proporcionar unha mobilidade segura e de calidade para os animais de compañía dos nosos clientes.

Para iso, en 2018 incorporouse ao programa «Viajar Juntos es Mejor » («Viaxar xuntos é mellor», en galego), creado por Purina España e a Confederación Española de Agencias de Viajes (CEAV), coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Grazas a esta iniciativa, contamos con asesoramento de veterinarios e profesionais expertos de Purina e do MAPA para colaborar e impulsar accións de mellora nas condicións de viaxe dos animais de compañía nos nosos servizos.

Ademais, Alsa é colaborador da campaña do MAPA TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMALES DE COMPAÑÍA (TENZA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA, en galego ) para garantir o benestar dos animais e establecer actitudes e prácticas que determinen unha conduta responsable por parte dos seus propietarios.

Actualmente, Alsa está traballando en adaptar os seus servizos e as condicións de viaxe dos animais de compañía segundo a nova Lei 7/2023 , de protección dos dereitos e o benestar dos animais, de forma que se garanta o cumprimento de todos e cada un dos seus dereitos cando viaxen connosco, ao mesmo tempo que se proporciona unha viaxe segura e confortable tamén para o resto de clientes.

Logotipo da campaña Tenencia Responsable de Animais de Compañía Engade o billete do animal de compañía sinalando a casa disposta para o efecto no paso 2 do proceso de compra cun suplemento* sobre o prezo do billete.

* Os cans de asistencia non quedan afectados polo contido da presente instrución e poden viaxar sen custo adicional no interior da cabina de pasaxeiros (situándose no corredor central) debidamente documentados, acompañados do invidente/titular do animal (artigo 11 do Regulamento de Circulación).

Condicións de viaxe de animais de compañía no autobús

  • Admitirase un máximo dun (1) animal de compañía por servizo; enténdese como tales cans, gatos e furóns cuxo peso non exceda de 10 kg.
  • O animal deberá viaxar na bodega do vehículo, e sempre dentro dun transportador ou outro tipo de elemento pechado e seguro, proporcionado polo viaxeiro cun fondo impermeable que conteña os posibles residuos.
  • Os expertos veterinarios recomendan non viaxar con animais de compañía en datas e horas nas que a temperatura ambiente sexa superior a 25 °C. Consulta as previsións meteorolóxicas oficiais.

Pasos que cómpre seguir antes de viaxar

Requisitos para poder viaxar

Ti es o responsable do animal de compañía; por iso, para que poida realizar a viaxe de forma segura e cómoda, lembrámosche os requisitos que debes cumprir durante a viaxe:

Estas obrigas teñen a finalidade de garantir a protección e comodidade do animal de compañía durante o transporte.

  • Os animais deben ser maiores de 12 semanas de idade.
  • Deben estar identificados electronicamente mediante microchip.
  • Deben ir acompañados da documentación necesaria que identifique o animal e con todas as vacinas obrigatorias ao día segundo a normativa autonómica do lugar de orixe e destino (cartilla sanitaria ou pasaporte actualizado e vixente).
  • Deben estar desparasitados interna e externamente.
  • Os animais deben estar completamente sans, sen feridas e ser capaces de moverse por si sós.
  • Non se permitirá o transporte de femias preñadas nin tampouco unha semana tras o parto.
  • Debes traer un transportador ríxido e que non se poida abrir desde o interior, que se adapte ás medidas do animal de compañía e que sexa dun tamaño inferior ao oco do autobús que che indicamos en función da categoría de autobús en que viaxes.

Recomendacións antes da viaxe

  • Expoñer de forma xeral aos cachorros ás condicións de transporte durante o período de socialización.
  • Realizar unha visita ao veterinario na semana anterior ao inicio da viaxe para asegurarse de que o animal está san.
  • Bañar o animal o día anterior, para evitar malos cheiros.
  • Non alimentar os animais nas 6 horas previas á saída da viaxe.
  • Incentivar a eliminación de ouriños e feces, e pasear o animal 30 minutos antes do inicio da viaxe.
  • Facilitar un xoguete dentro do transportador que non poida ser inxerido.
  • Prever un bebedeiro e auga para a viaxe.
  • Dispoñer de datos de contacto dun veterinario no lugar de destino.
  • Asegurarse de que se dispón da «equipaxe» necesaria para o animal: alimentación, recipientes para comer e beber, medicamentos, xoguetes, correa, arnés, peite para o cepillado, bolsas para deposicións e artigos para o descanso do animal.
  • Incorporar ao animal unha placa identificativa cun número de teléfono de contacto, para facilitar a súa localización en caso de perda.
  • Asegurarse de que o animal vai ser aceptado no aloxamento de destino e que as actividades que van realizar en destino lle permiten ocuparse do animal.

Contouse co asesoramento do equipo veterinario do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e de Purina. Estas recomendacións poderán modificarse en función dos documentos aprobados no Plan de Actuacións para a Tenza Responsable de Animais de Compañía (PATRAC).

Ben! Con estes pasos, o animal de compañía xa está preparado para viaxar. Porén, como saberás, ten que realizar a viaxe nun transportador homologado e seguro para o teu animal de compañía.

Como saber o tamaño axeitado do transportador da túa mascota?

O tamaño do transportador debe ser adecuado ás dimensións do animal e cumprir as seguintes dimensións aproximadas.

¿Cómo medir a mi mascota para elegir su transportín?

Resumindo, as dimensións do transportador serán:

  • Lonxitude: a lonxitude do animal medida desde a punta do fociño á base da cola + 15 cm aproximadamente.
  • Anchura: 2,5 veces a largura do animal aproximadamente.
  • Altura: altura do animal medida desde o solo ata o seu punto máis alto + 15 cm aproximadamente.

Verifica que:

  • O animal de compañía irá nun transportador adecuado ao seu tamaño e suxeito de modo que non poida desprazarse co movemento do vehículo.
  • Os transportadores estarán construídos de materiais non tóxicos, non desbotables e de doada limpeza e desinfección. A porta conformará por completo un dos extremos do transportador e estará construída de forma que non sexa posible que se abra accidentalmente, nin por fóra nin por dentro.
  • O transportador terá material absorbente para que non se produzan fugas de excrementos.
  • Administrar auga cun intervalo máximo de 8 horas.

O día da viaxe

Cómpre que te presentes ao embarque acompañado do animal cunha antelación de polo menos 15 minutos, introducindo persoalmente o transportador no autocar seguindo as indicacións do persoal de condución.

O desembarque do animal será igualmente realizado polo seu propietario ou persoa responsable, procurando que non haxa persoas nas proximidades a fin de evitar circunstancias incómodas ou perigosas que puidesen afectar o resto dos viaxeiros. Os habitáculos limparanse e desinfectaranse tras descargar o animal.

Nas paradas intermedias, recoméndase o desembarque do animal para subministrarlle comida e/ou bebida segundo o requira o seu estado e tamén para que realice as súas necesidades fisiolóxicas fóra do compartimento.

As condicións de transporte de animais de compañía en Alsa seguen e cumpren os requisitos dos regulamentos nacionais e europeos.

Información importante sobre o transporte de mascotas en períodos de altas temperaturas

O benestar da túa mascota é a nosa prioridade.

Durante os meses de máis calor ou cando se prevexan episodios de altas temperaturas, é importante valorar coidadosamente se a túa mascota se atopa en condicións de realizar a viaxe.

Os cans e os gatos son especialmente sensibles á calor e, en determinadas circunstancias, poden sufrir estrés térmico ou golpe de calor, unha situación que pode comprometer gravemente a súa saúde. O risco aumenta en traxectos de longa duración e en animais especialmente vulnerables, como:

  • Razas braquicéfalas (Bulldog Francés, Bulldog Inglés, Carlino/Pug, Bóxer, Boston Terrier, Shih Tzu, Pequinés, entre outras).
  • Cachorros e animais de idade avanzada.
  • Animais con sobrepeso.
  • Mascotas con enfermidades cardíacas ou respiratorias.
  • Animais que presenten signos de ansiedade ou estrés durante os desprazamentos.

Por este motivo, ALSA recomenda non viaxar con mascotas cando existan episodios de calor extrema ou cando as condicións meteorolóxicas poidan comprometer o seu benestar, especialmente se pertencen a algún dos grupos de maior risco.

Antes de viaxar, recomendámosche:

  • Consultar a previsión meteorolóxica do orixe, do destino e do percorrido.
  • Valorar, xunto co teu veterinario se tes calquera dúbida, se a túa mascota está en condicións de realizar a viaxe.
  • Asegurarche de que viaxa correctamente hidratada e en bo estado de saúde.
  • Consultar con ALSA as paradas previstas dentro do teu traxecto, coa finalidade de programar a túa viaxe e manter a hidratación e atención da túa mascota.
  • Non iniciar a viaxe si presenta dificultade respiratoria, arfada excesiva, apatía, debilidade ou calquera outro signo de malestar.

A decisión de viaxar cunha mascota debe adoptarse sempre priorizando o seu benestar. En determinadas circunstancias, adiar o desprazamento pode ser a opción máis segura.

Para ALSA, a seguridade de todos os pasaxeiros e o benestar dos animais son prioritarios. Por iso, si adquiriches un billete con suplemento de mascota e consideras que as condicións meteorolóxicas ou a situación da túa mascota non son as idóneas para viaxar, poderás solicitar a cancelación ou o cambio/adiamento da túa viaxe sen custo adicional poñéndote en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente antes da saída do servizo.

Agradecemos a túa colaboración para megarantir unha viaxe segura e responsable para a túa mascota, o resto de viaxeiros e o noso persoal.