INFORMACIÓN DE PUNTOS DE VENDA

Actualmente, na maioría dos puntos de venda dispoñemos de máquinas de autovenda para xestionar billetes e vales.

  • Se precisas comprar un billete, pódelo facer nas máquinas de autoservizo, en www.alsa.es/gl/home e nas aplicacións móbiles.
  • Se precisas cambiar ou anular un billete comprado no portelo con tarxeta de crédito, pódelo facer chamando ao teléfono (+34) 902 42 22 42.
  • Se precisas cambiar un billete comprado no portelo con efectivo, pódelo facer chamando ao teléfono (+34) 902 42 22 42 ou agardar a que os portelos volvan estar operativos.
  • Se precisas anular un billete comprado no portelo con efectivo, pregámosche que agardes a que os portelos volvan estar abertos.

En canto ao resto de puntos de venda, ALSA seguirá a actuar de acordo coas resolucións que as autoridades competentes vaian ditando.

Pago con wallet nos nosos puntos de venda

A partir do 1 de maio de 2017, tamén podes pagar nos nosos puntos de venda con calquera wallet NFC (BBVA Wallet, Santander Wallet, Vodafone Wallet, Samsung Pay, Apple Pay e máis), xa que actualizamos os nosos terminais de pago para que poidas facelo. Mesmo podes pagar con wallets en wearables, como reloxos que teñan a tecnoloxía NFC.