Titulo pagina
- Sala de prensa
- A nosa historia
- As nosas actividades
- Medio ambiente
- Seguridade
- Persoas
- Política de sostibilidade
- Informe de Sostibilidade
- Responsabilidade corporativa
- Retos de Colaboración - Ministerio de Ciencia e Innovación
- Política de Seguridade e Saúde Ocupacional
- Política de Cumprimentos e Código Ético
- Estados de información no financiera
- Certificados
- Contos sobre rodas
En Alsa temos implantada unha cultura organizacional de cumprimento normativo en todas as Áreas, o que garante a efectividade dos controis vencellados ás distintas Áreas e fortalece o noso Sistema de Xestión de Cumprimento Penal.
En Alsa contamos cun Sistema de Xestión de Cumprimento Penal cuxo labor se centra nos seguintes aspectos:
- A identificación de actividades que supoñan un risco penal.
- O establecemento de Protocolos e Procedementos necesarios para definir e implementar procesos que mitiguen a ocorrencia de delito.
- A verificación e avaliación do Modelo de Cumprimento.
- A obriga de informar de calquera cuestión, reclamación e incumprimento a través da Canle de denuncias de Alsa.
- A concienciación e sensibilización acerca da necesidade de cumprir coa lexislación aplicable e coa normativa e procedemento internos.
A seguir, amosamos o noso Código Ético en que se establecen os principios, valores e comportamentos que cómpre que rexan na Organización e que resultan de obrigado cumprimento.
Así mesmo, expomos a nosa Política de Cumprimento en que se establecen os obxectivos e as bases do Sistema de Xestión de Cumprimento Penal en Alsa, así como os roles e responsabilidades.
POLÍTICA DE CUMPRIMENTOS (en castelán)
En Alsa contamos cun Comité de Cumprimento, órgano colexiado garante do correcto funcionamento do Sistema de Xestión de Cumprimento Penal de Alsa, formado por persoal directivo experto na materia.