XX CONCURSO «CUENTOS SOBRE RUEDAS» (CONTOS SOBRE RODAS)

Co fin de fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte de autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros, ALSA convoca a XX edición do Concurso de relatos breves “Contos Sobre Rodas”, que se rexerá polas seguintes bases:

1. Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán.

2. As obras deberán ser orixinais e inéditas, e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar.

3. A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografados por unha soa cara, cunha extensión máxima de 3.000 palabras.

4. O prazo de presentación das obras rematará o 30 de abril de 2020.

5. As obras deberán ser enviadas por duplicado ao seguinte enderezo:

Presidente del Jurado
“Cuentos sobre Ruedas”
C/ Miguel Fleta, 4 – 1º
28037 – Madrid

ou ben por correo electrónico ao enderezo: cuentossobreruedas@alsa.es

6. Cada copia irá asinada co nome, apelidos, enderezo e teléfono do autor, ou ben co seu pseudónimo, en cuxo caso será indispensable que vaia acompañada dunha plica cerrada que conteña a identidade do concursante.

7. O concursante deberá achegar unha declaración na que garanta a autoría da obra e que os dereitos desta non están comprometidos en modo ningún nin pendentes de fallo en ningún outro concurso literario.

8. Unha vez que se faga público o veredicto, os orixinais non premiados nin seleccionados polo Xurado para a súa publicación serán destruídos, sen que caiba reclamación ningunha neste sentido.

9. O autor cederá expresamente a ALSA os dereitos da obra presentada para a súa publicación nunha edición de carácter non venal da colección de libros de ALSA, que integrará a obra premiada e outras seleccionadas polo Xurado.

10. O Xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio do mundo literario e cultural designados por ALSA, e non se desvelará a súa composición ata o momento do veredicto.

11. O Xurado, cuxo veredicto será inapelable, concederá un único premio dotado de 6.000 euros. O veredicto farase público antes do 30 de xuño de 2020 a través da páxina web: www.alsa.es

12. ALSA queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases. A participación no Concurso implica a plena aceptación destas, que quedan depositadas perante notario.