ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO XIX CONCURSO «CUENTOS SOBRE RUEDAS» (CONTOS SOBRE RODAS)

En Madrid, sendo as 14.30 horas do día 21 de xuño de 2019, queda constituído o xurado da XIX edición do concurso literario « Cuentos sobre Ruedas», convocado por ALSA co fin de fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes, e cuxas bases se encontran depositadas perante notario.

O xurado queda formado polos seguintes membros: D. Víctor García de la Concha, presidente; D. Álvaro Ruiz de la Peña; Dna. Clara Sánchez; Dna. Karina Sainz Borgo; D. Diego Carcedo e D. Carlos Maribona, e actúa como secretario D. Pablo Gómara.

Tras proceder ás deliberacións e conseguintes votacións, o xurado acorda emitir o seguinte:

VEREDICTO:

Premio Cuentos Sobre Ruedas 2019: Daniel Blanco Parra, de Moguer (Huelva), polo seu relato «Juanín».

Mención honorífica: María Cureses de la Vega, de Madrid, polo su relato "La latitud de los caballos".

Os outros relatos seleccionados polo xurado para ser publicados xunto ao gañador e la mención honorífica foron os presentados por:

  • Miguel Ángel Delgado Pérez, de Barcelona, por "El bikini”.
  • Fernando Marín Gallardo, de Málaga, por "Próxima parada”.
  • Miguel Ángel Álvarez Álvarez, de Madrid, por "Balbodán”.

E para que así conste, asino a presente acta en Madrid, a 21 de xuño de 2019.

Asdo.: Pablo Gómara

Secretario do xurado