A túa mascota é un membro máis da familia, non hai nada mellor que gozar do teu tempo libre con el, así que lévao de vacacións! Traveldog recólleo no teu fogar e transpórtao ata o lugar que decidas: un hotel ou apartamento na praia, unha casiña no campo... xuntos, a viaxe é mellor!

Ademais, se contratas o servizo a través da nosa web www.alsa.es, obterás ata un 40 % de desconto. Para beneficiarte diso, só tes que:

  • 1. Incluír o cupón de desconto no traxecto que escolliches.
  • 2. Rematar o proceso de compra.
  • 3. Solicitar o teu orzamento na súa webwww.traveldog.es cubrir o formulario de solicitude, indicando o número de localizador da túa viaxe en ALSA en "Observacións"
  • 4. Gozar das túas vacacións co teu mellor amigo!

Traveldog

É a primeira empresa española especializada exclusivamente en "viaxes para mascotas" a nivel nacional e internacional dunha forma respectuosa e profesional.

Logo Traveldog

 

A súa filosofía amiga dos animais achégao ás necesidades reais e inquedanzas das familias cando deben viaxar cos seus animais de compañía, ao seren membros de familia especiais.

Desde 2009 pertence á asociación norteamericana IPATA, cuxos membros deben ofrecer o maior estándar de calidade e seguridade nos seus servizos.

Os seus equipos humanos, así como os seus vehículos e protocolos, seguen escrupulosamente as directrices de Sanidade e Benestar Animal do Ministerio de Agricultura.

Protocolo Traveldog de transporte de mascotas

Traveldog traslada exclusivamente cans, gatos e furóns.

Procedemento

No momento da reserva, a través da web ou por teléfono deberase facilitar idade, raza, peso e medidas.

Unha vez aceptada a reserva enviarase un formulario e unha autorización e conformidade aos protocolos de transporte de Traveldog.

Requisitos para viaxar

Os requisitos para transportar unha mascota son:

  • Ser maior de 3 meses e 21 días. Se é menor non se poden transportar.
  • Estar identificada con microchip e que este sexa lexible. Lerase no momento da saída.
  • Ter a vacina da rabia e todas as vacinas propias da súa especie e idade ao día xunto coa súa cartilla sanitaria ou pasaporte actualizado e vixente.
  • Estar desparasitado interna e externamente.
  • As cadelas ou gatas embarazadas ou aleitando non poden viaxar.
  • Trasladaranse cans e gatos de todas as razas sempre que non mostren un carácter agresivo. Traveldog resérvase a aplicación dese criterio.
  • Non se admiten cans nin gatos con roupa de abrigo salvo en clima extremo.
  • Antes do inicio da viaxe deberán ter paseado un mínimo de 30 minutos e non ter comido nas últimas 8 horas.

Transportadores e viaxe

  • As mascotas viaxarán nun trasportador de Traveldog, non no seu propio transportador nin con ningún tipo de equipaxe. Unicamente a súa documentación sanitaria e colar.
  • Traveldog proporcionará transportadores totalmente hixienizados e con material absorbente dun só uso de acordo ás medidas facilitadas. En caso de que no momento da saída a súa mascota estea sucia, non responda ás medidas, peso e raza facilitadas ou non cumpra cos requisitos sanitarios esixidos neste protocolo, non poderá ser aceptada. Traveldog non devolverá o importe aboado polo traxecto reservado.
  • Os gatos viaxarán en transportadores con zona de area.
  • As mascotas pasearanse en traxectos máis longos de 8 horas e facilitaráselles auga nas paradas.
  • Nos puntos de chegada deberá estar a persoa responsable que deberá acreditarse e asinar conforme recibe a súa mascota en bo estado.
  • En caso de que pasados 10 minutos da chegada ao punto acordado o propietario ou persoa responsable da mascota non estea presente, esta continuará a súa viaxe ata o final de traxecto ao próximo punto de asistencia Traveldog ou regreso á cidade de partida. A partir dese momento, a recolla no novo enderezo e todos os gastos ocasionados serán a conta do propietario ou persoa responsable. Pasados 3 días sen que ninguén se poña en contacto para a súa recolla, se notificarase ás autoridades pertinentes.
  • Realizaranse paradas adicionais debido a inclemencias climatolóxicas ou atascos para descansar e non pór en risco así as mascotas.
  • Os horarios de saída son fixos pero os de chegada poden sufrir importantes atrasos. TÉÑAO EN CONTA. Comunicarase directamente ás familias calquera atraso superior a 60 minutos.

Para ter en conta

Se a súa mascota sofre dalgunha discapacidade ou doenza crónica NON INFECCIOSA, como epilepsia, cardiopatía, cegueira, xordeira, deberá indicalo no momento da reserva, así como facilitar información ao técnico que realizará o servizo de como proceder para o seu coidado. Para calquera emerxencia recorrerase ao centro veterinario máis próximo. Calquera gasto que iso implique será por conta do propietario.

En calquera caso Traveldog non se fará responsable do estado de saúde ou falecemento de ningunha mascota debido a causas naturais.

As mascotas e os seus donos deberán chegar ao punto sinalado 20 minutos antes da saída.

Traveldog non se fai responsable se a súa mascota se ensucia durante a viaxe. En moitos casos debería estar previsto un bo baño ao chegar á casa.

Os clientes de Traveldog son as mascotas: se algunha delas necesitase asistencia veterinaria durante a viaxe, esa sería a prioridade en detrimento da hora de chegada prevista.

O noso obxectivo

Que a mascota teña unha boa viaxe e o faga de acordo con todos os requisitos que iso supón e que poida reunirse coa familia canto antes, e así poder gozar dela en calquera parte do mundo á que viaxe.

Para máis información

www.traveldog.es

traveldog@traveldog.es

Tel: +34 616 943 676

Prezo do servizo para o traxecto Madrid-Alacante-Benidorm

Vixentes ata 30/10/2018

Saídas: Cada venres de mes desde Madrid ata Alacante-Benidorm.

Voltas: Cada sábado de mes desde Alacante-Benidorm ata Madrid.

Transportador Prezos TRAVELDOG para clientes ALSA con 40 % desconto (IVE INCLUÍDO)
700 220€ 132€
500 220€ 132€
400 160€ 96€
300 160€ 96€

Recollas ou entregas a domicilio

» Recolla ou entrega a domicilio concertada, a menos de 20 km do punto de entrega ou recolla da liña: 50 €

» km adicionais aos 20 km: 0,80 €/km (medidos por Google ida e volta)