Tus mascotas viajan felices en ALSA
Tus mascotas viajan felices en ALSA

Viaxa coa túa mascota

O artigo 11 do Regulamento Xeral de Circulación non permite levar animais de compañía xunto ás persoas nos autobuses, exceptuando, sempre baixo a responsabilidade e acompañados dos seus donos, os cans de asistencia.

CEAV+Purina+ALSA
 

A recente incorporación de ALSA ao programa “Viajar Juntos es Mejor”, (“Viaxar xuntos é mellor”, en galego) creado por Purina España e a Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV), xunto coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), permítenos un asesoramento de veterinarios e profesionais expertos de Purina e do MAPA para colaborar e impulsar accións de mellora nas condicións de viaxe das mascotas nos nosos vehículos, e potenciar a súa conectividade e acceso ao transporte público por estrada, para que poidas viaxar co teu animal de compañía no autobús de forma cómoda e segura.

Engade o billete da túa mascota sinalando a casa disposta para iso no paso 2 do proceso de compra cun suplemento* dun 50 % do prezo do billete.

* Os cans de asistencia non quedan afectados polo contido da presente instrución e poden viaxar sen custo adicional no interior da cabina de pasaxeiros (situándose no corredor central) debidamente documentados, acompañados do invidente/titular do animal (artigo 11 do Regulamento de Circulación).

Condicións e dimensións dos habitáculos especiais para mascotas no bus

  • Admitirase un máximo dunha (1) mascota por servizo, limitado a pequenos animais de compañía; enténdese como tales cans, gatos, furóns, aves (non de curral), etc. cuxo peso non exceda de 10 kg..
  • Unicamente perante unha situación excepcional, e previa autorización do Técnico de Servizo, o condutor poderá admitir nas mesmas condicións outras mascotas non perigosas e cuxo importe será o mesmo que por transportar calquera outro animal.

Autobuses clase Normal

  • Nos nosos autobuses de clase Normal, a mascota viaxará na adega do vehículo, dentro dun transportador ou outro tipo de elemento pechado e seguro, proporcionado polo viaxeiro cun fondo impermeable que conteña os residuos.

Autobuses clase Supra e Premium

Os nosos autobuses de clase Supra contan cun compartimento totalmente totalmente independente da equipaxe, de grandes dimensións e adaptado con ventilación para que a túa mascota poida ter unha viaxe de calidade.*

O servizo Premium, ademais de contar cun habitáculo independente de grandes dimensións, comparte a climatización dos viaxeiros.

*Recoméndase nos autobuses de clase Supra viaxar con mascotas en horas en que a temperatura ambiente non sexa demasiado elevada.

Habitáculo para mascotas autobús Supra

Habitáculo autobús Supra

Habitáculo para mascotas autobús Premium

Habitáculo autobús Premium

Pasos que cómpre seguir antes de viaxar

Requisitos para poder viaxar

Ti es o responsable da túa mascota; por iso, para que a túa mascota poda realizar a viaxe de forma segura e cómoda, lembrámosche os requisitos que debes cumprir durante a viaxe:

Estas obrigas teñen a finalidade de garantir a protección e comodidade do teu animal de compañía durante o transporte

  • Os animais deben ser maiores de 12 semanas de idade.
  • Deben estar identificados electronicamente mediante microchip.
  • Deben ir acompañados da documentación necesaria que identifique o animal e con todas as vacinas obrigatorias ao día segundo a normativa autonómica do lugar de orixe e destino (cartilla sanitaria ou pasaporte actualizado e vixente).
  • Deben estar desparasitados interna e externamente.
  • Os animais deben estar completamente sans, sen feridas e ser capaces de moverse por si sós.
  • Non se permitirá o transporte de femias preñadas nin tampouco unha semana tras o parto.
  • Debes traer un transportador ríxido e que non se poida abrir desde o interior, que se adapte ás medidas da túa mascota e que sexa dun tamaño inferior ao oco do autobús que che indicamos en función da categoría de autobús en que viaxes.

Recomendacións antes do transporte

  • Expor de forma xeral aos cachorros de can e gato ás condicións de transporte durante o período de socialización.
  • Realizar unha visita ao veterinario na semana anterior ao inicio da viaxe para asegurarse de que o animal está san.
  • Bañar o animal o día anterior, para evitar malos cheiros.
  • Non alimentar os animais nas 6 horas previas á saída da viaxe.
  • Incentivar a eliminación de ouriños e feces, e pasear o animal 30 minutos antes do inicio da viaxe.
  • Facilitar un xoguete dentro do transportador que non poida ser inxerido.
  • Prever un bebedeiro e auga para a viaxe.
  • Dispor de datos de contacto dun veterinario no lugar de destino.
  • Asegurarse de que se dispón da “equipaje” necesaria para o animal: alimentación, recipientes para comer e beber, medicamentos, xoguetes, correa, arnés, peite para o cepillado, bolsas para deposicións e artigos para o descanso do animal.
  • Incorporar ao animal unha placa identificativa cun número de teléfono de contacto, para facilitar a súa localización en caso de perda.
  • Asegurarse de que o animal vai ser aceptado no aloxamento de destino e que as actividades que van realizar en destino lle permiten ocuparse do animal

Contouse co asesoramento do equipo veterinario do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e de Purina. Estas recomendacións poderán modificarse en función dos documentos aprobados no Plan de Actuacións para a Tenza Responsable de Animais de Compañía (PATRAC).

Ben! Con estes pasos, a túa mascota xa está preparada para viaxar. Pero, como saberás, ten que realizar a viaxe nun transportador homologado e seguro para a túa mascota..

Como saber o tamaño axeitado do transportador da túa mascota?

O tamaño do transportador debe ser adecuado ás dimensións da túa mascota e cumprir as seguintes dimensións aproximadas.

Como medir a miña mascota para elixir o seu transportador

Resumindo, as dimensións do transportador serán:

  • Lonxitude: a lonxitude do animal medida desde a punta do fociño á base da cola + 15 cm aproximadamente.
  • Largura: 2,5 veces a largura do animal aproximadamente.
  • Altura: : altura do animal medida desde o solo ata o seu punto máis alto + 15 cm aproximadamente.

Verifica que:

  • Os animais de compañía irán en transportadores adecuados ao seu tamaño e suxeitos de modo que non poidan desprazarse co movemento do vehículo.
  • Os transportadores estarán construídos de materiais non tóxicos, non desbotables e de doada limpeza e desinfección. A porta conformará por completo un dos extremos do transportador e estará construída de forma que non sexa posible que se abra accidentalmente, nin por fóra nin por dentro.
  • O transportador terá material absorbente para que non se produzan fugas de excrementos.
  • Administrar auga cun intervalo máximo de 8 horas.

O día da viaxe

Cómpre que te presentes ao embarque acompañado do animal, cunha antelación de ao menos 15 minutos, introducindo persoalmente o animal na gaiola situándoa no autocar, segundo as indicacións do condutor.

Consideraciones en el transporte de tu mascota el día del viaje

O desembarque do animal será igualmente realizado polo seu propietario, procurando que non haxa persoas nas proximidades a fin de evitar circunstancias incómodas ou perigosas que puidesen afectar o resto dos viaxeiros.

Os habitáculos limparanse e desinfectaranse tras a descarga do anima.

As condicións de transporte de animais de compañía en ALSA seguen e cumpren os requisitos dos regulamentos nacionais e europeos.

Colaboración ALSA e Traveldog

En ALSA, co obxectivo de ofrecer aos nosos clientes máis opcións de viaxe para as súas mascotas, realizamos unha colaboración con Traveldog.

Grazas a este acordo, resultado da sensibilidade da compañía para mellorar as condicións de transporte das mascotas, agora contamos con outra opción de viaxe para elas no traxecto Madrid-Alacante-Benidorm.

Traveldog, , a nosa empresa colaboradora, é a primeira firma española especializada exclusivamente en "viaxes para mascotas" a nivel nacional e internacional de una forma respetuosa y profesional. Consulta toda la información aquí.

 

Logo Traveldog Logo ALSA