NUM. POLIZA 09-9062467

TOMADOR: ALSA GRUPO SLU

ASISTENCIA NA VIAXE ÁS PERSOAS

EXTRACTO DE GARANTIAS, LIMITES E EXCLUSIÓNS

No caso de sinistro amparado pola presente póliza, ARAG, tan pronto como sexa notificado conforme ao procedemento indicado no Artigo 10, garántese a prestación dos seguintes servizos:

1. Asistencia médica e sanitaria

ARAG responsabilizarase dos gastos correspondentes á intervención dos profesionais y establecementos sanitarios requiridos para a atención do Asegurado, enfermo ou ferido.

Quedan expresamente incluídos, sen que a enumeración teña carácter limitativo, os seguintes servizos:

a) Atención por equipos médicos de emerxencia y especialistas.

b) Exames médicos complementarios.

c) Hospitalizacións, tratamentos e intervencións cirúrxicas.

d) Subministración de medicamentos en internado, ou reintegro do seu custo en lesións ou enfermidades que non requiran hospitalización.

e) Atención de problemas odontolóxicos agudos, entendéndose por eles os que, por infección, dor o trauma, requiran un tratamento de urxencia.

ARAG responsabilizarase dos gastos correspondentes a estas prestacións, ata un límite por Asegurado de 900 € ou o seu equivalente en moeda local, cando as mesmas teñan lugar no estranxeiro, ou de 750 € en España.

Os gastos odontolóxicos limítanse, en calquera caso, a 30 € ou o seu equivalente en moeda local.

2. Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos

No caso de accidente ou enfermidade sobrevida do Asegurado, ARAG farase cargo de:

a) Os gastos de traslado en ambulancia ata a clínica ou hospital máis próximo.

b) O control por parte do seu Equipo Médico, en contacto co médico que atenda o Asegurado ferido o enfermo, para determinar as medidas adecuadas ao mellor tratamento que se debe seguir e o medio máis idóneo para o seu eventual traslado ata outro centro hospitalario máis adecuado ou ata o seu domicilio.

c) Os gastos de traslado do ferido ou enfermo, polo medio de transporte máis adecuado, ata o centro hospitalario prescrito ou ao seu domicilio habitual.

O medio de transporte utilizado en cada caso decidirao o Equipo Médico de ARAG en función da emerxencia e gravidade do caso. En Europa e países ribeiregos do Mediterráneo, poderá incluso utilizarse un avión sanitario especialmente acondicionado.

Se o Asegurado fose ingresado nun centro hospitalario que non estivese preto do seu domicilio, ARAG farase cargo, no seu momento, do subseguinte traslado ata o mesmo.

No suposto de que o Asegurado non teña a súa residencia habitual en España, repatriarase ata o lugar de inicio da viaxe en España.

O límite total económico desta garantía establécese en 1.800 €

3. Repatriación ou transporte do Asegurado falecido

No caso de defunción dun Asegurado, ARAG organizará o traslado do corpo ata o lugar de inhumación en España e farase cargo dos gastos. Enténdese que nos ditos gastos inclúense os de acondicionamento post mortem, de acordo cos requisitos legais.

Non estarán comprendidos os gastos de inhumación e cerimonia.

ARAG responsabilizarase do regreso dun Asegurado acompañante, para que poida acompañar o cadáver ata o lugar de inhumación en España.

No suposto de que o Asegurado non teña a súa residencia habitual en España, repatriarase ata o lugar de inicio da viaxe en España.

O límite total económico desta garantía establécese en 1.800 €

4. Roubo e danos materiais na equipaxe

Garántese a indemnización por danos e perdas materiais da equipaxe ou efectos persoais do Asegurado no caso de roubo, perda total ou parcial debida ao transportista ou danos a consecuencia de incendio ou agresión, ocorridos durante o transcurso da viaxe, ata un máximo de 300 €.

As cámaras e complementos de fotografía, radiofonía, de rexistro de son ou de imaxe, así como os seus accesorios, quedan incluídos ata o 50 % da suma asegurada sobre o conxunto da equipaxe.

Exclúese o furto e o simple extravío por causa do propio Asegurado, así como as xoias, o diñeiro, documentos, obxectos de valor e material deportivo e informático.

Aos efectos da citada exclusión, entenderase por:

  • Xoias: conxunto de obxectos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.
  • Obxectos de valor: o conxunto de obxectos de prata, cadros e obras de arte, todo tipo de coleccións e peletería fina.

Para facer efectiva a prestación no caso de roubo, será necesaria a presentación previa da denuncia ante as autoridades competentes.

5. Indemnización por retraso do medio de transporte.

ARAG reembolsará ata un límite máximo de 300 €, os gastos da compra dun novo billete, no caso de perda de conexión dun transporte público colectivo debido a un retraso na saída do autobús de Alsa.

Para aplicar esta garantía, é imprescindible que exista unha diferencia entre a chegada prevista do autobús de Alsa e a saída prevista do posterior enlace superior a tres horas. Tamén quedarán cubertos os gastos de hotel e manutención producidos durante a espera do dito enlace ata un límite de 100€.

Para a tramitación do pago será necesario presentar os documentos xustificativos emitidos pola Entidade Titular do medio de transporte público que certifiquen o retraso, así como o orixinal das facturas dos gastos realizados.

Esta indemnización terá lugar sempre que non a asuma a Compañía transportista.

Quedan excluídos os gastos realizados nun lugar diferente ao que se produza a espera no novo enlace.

Non quedarán cubertas pola presente garantía as cancelacións de saída do medio de transporte, é dicir, a non realización da viaxe polo medio de transporte programado e no que se reservara polo menos unha praza.

6. Transmisión de mensaxes urxentes.

ARAG farase cargo de transmitir as mensaxes urxentes que lle encarguen os Asegurados, a consecuencia dos sinistros cubertos polas presentes garantías.

Exclusións

As garantías concertadas non comprenden:

a) Os feitos voluntariamente causados polo Asegurado ou aqueles nos que concorra dolo ou culpa grave por parte do mesmo.

b) As dores ou enfermidades crónicas preexistentes, así como as súas consecuencias, padecidas polo Asegurado con anterioridade ao inicio da viaxe.

c) A morte por suicidio ou as lesións ou enfermidades derivadas do intento ou producidas intencionadamente polo Asegurado a si mesmo, e as derivadas de empresa criminal do Asegurado.

d) As enfermidades ou estados patolóxicos producidos pola inxestión de alcohol, psicotrópicos, alucinóxenos ou calquera droga ou substancia de similares características.

e) Os tratamentos estéticos e o subministro ou reposición de audiófonos, lentes de contacto, lentes, órteses e próteses en xeral e calquera tipo de enfermidade mental. Así mesmo quedan excluídas as reclamacións derivadas directa ou indirectamente das complicacións ocorridas a partir do sétimo mes de embarazo.

f) As lesións ou enfermidades derivadas da participación do Asegurado en apostas, competicións ou probas deportivas, a práctica do esquí e de calquera outro tipo de deportes de inverno ou dos denominados de aventuras, e o rescate de persoas no mar, montaña ou deserto.

g) Os supostos que dimanen, en forma directa ou indirecta, de feitos producidos pola enerxía nuclear, radiacións radioactivas, catástrofes naturais, accións bélicas, disturbios ou actos terroristas.

h) Calquera tipo de gasto médico ou farmacéutico inferior a 9 €.

As garantías da presente póliza serán exclusivamente de aplicación durante o tempo que dure o servizo de transporte contratado, e durante a estancia do Asegurado nos portos, estacións, terminais ou aeroportos, con motivo de embarcar ou desembarcar do medio de transporte contratado.

Quedan excluídos das coberturas da presente póliza aqueles países que durante a viaxe ou desprazamento do Asegurado se encontren en estado de guerra ou de sitio, insurrección ou conflito bélico de calquera clase ou natureza, mesmo cando no se declarasen oficialmente, e aqueles que especificamente figuren no recibo ou nas Condicións Particulares.

Queda expresamente convido que as obrigas do Asegurador derivadas da cobertura desta póliza, finalizan no instante no que o Asegurado regrese ao seu domicilio habitual, ou ingrese nun centro sanitario situado como máximo a 25 km de distancia do dito domicilio (15 km nas Illas Baleares e Canarias).

INFORMACION AO ASEGURADO

O tomador do seguro, antes da celebración deste contrato, recibiu a seguinte información, en cumprimento do establecido no artigo 96 da Lei 20/2015, de 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras e nos artigos 122-126 do seu regulamento.

  • O asegurador da póliza é ARAG S.E., entidade alemá con domicilio social en Düsseldorf, ARAG Platz núm.1, correspondendo a Bundesanstalt für Finanzdienstleistungsaufsicht (BaFin) o control e supervisión da súa actividade. Está autorizada para operar en España en réxime de dereito de establecemento a través da súa sucursal ARAG S.E., Sucursal en España, con NIF W0049001A e domicilio en Madrid, rúa Núñez de Balboa, 120, inscrita no Rexistro administrativo da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave E-210.

Infórmase de que, no caso de liquidación da entidade aseguradora, non se aplicará a normativa española en materia de liquidación.

  • A lexislación aplicable ao contrato de seguro é a española, concretamente, a lei 50/1980 de 8 de outubro, de contrato de seguro.
  • O tomador ou o asegurado poden, no caso de litixio co asegurador, acudir á arbitraxe e aos tribunais ordinarios de xustiza españois.

Infórmase de que ARAG SE, Sucursal en España pon a disposición dos seus asegurados os seguintes teléfonos de contacto de Atención ao Cliente, segundo os trámites que desexen realizar:

  • Para modificacións e/ou consultas sobre a póliza contratada poden chamar ao teléfono 93 485 89 07- 91 566 16 01 ou enviar un correo electrónico a atencioncliente@arag.es.
  • ARAG S.E., Sucursal en España dispón dun Departamento de Atención ao Cliente (c/ Roger de Flor, 16, 08018 Barcelona, e-mail: dac@arag.es, web: www.arag.es) para atender e resolver as queixas e reclamacións que os seus asegurados lles presenten, relacionadas cos seus intereses e dereitos legalmente recoñecidos, que serán atendidas e resoltas no prazo máximo dun mes desde a súa presentación.
  • No caso de desconformidade coa resolución adoptada polo Departamento de Atención ao Cliente ou se transcorreu o prazo dun mes sen resposta, o reclamante poderá dirixirse ao Servizo de Reclamacións da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (Paseo da Castellana, 44, 28046 - Madrid, Teléfonos: 902 19 11 11 ou 952 24 99 82, web: www.dgsfp.mineco.es )
  • Pode acceder ao Informe sobre a situación financeira e de solvencia do asegurador en https://www.arag.com/company/financial-figures.
  • O Tomador/Asegurado, ao facilitar os datos bancarios para o pagamento da prima do seguro, consente e autoriza que o seu importe sexa cargado na conta que se facilita e se recolle neste documento ou no que, durante a vida do contrato, se comunique á Entidade aseguradora con tal finalidade.”

EMITIDO EN MADRID

Pola Compañía

P.P.

CEO

Membro de GEC

 

INFORMACION SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

O TOMADOR

 

Responsable do tratamento

ARAG SE, Sucursal en España

C/ Núñez de Balboa 120 28006.- MADRID

NIF W00490001A

atencioncliente@arag.es www.arag.es

Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos

dpo@arag.es

C/Roger de Flor 16 08018 Barcelona

Finalidade do tratamento Subscrición e execución do contrato de seguro.
Lexitimación Execución do contrato de seguro.
Destinatarios Non se cederán datos a terceiros, salvo consentimento previo, obriga prevista en normativa ou interese lexítimo.
Transferencias internacionais Pueden ser precisas, en determinadas prestaciones de asistencia, para la ejecución del contrato.
Dereitos das persoas Poderán acceder aos seus datos, rectificalos ou suprimilos, opoñerse ao seu tratamento e solicitar a súa limitación ou portabilidade, enviando a súa solicitude ao enderezo de correo electrónico: lopd@arag.es
Información adicional Pode consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa páxina web: http://www.arag.es

 

Responsable do tratamento

O Responsable do tratamento dos seus datos é ARAG SE, Sucursal en España, NIF: W0049001A, con domicilio en C/ Núñez de Balboa, nº 120, 28006 Madrid. Correo electrónico: atencioncliente@arag.es. Páxina web: www.arag.es. Pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través do enderezo de correo electrónico dpo@arag.es.

Finalidade e destinatarios

A información facilitada tratarase coa finalidade de establecer, xestionar e desenvolver as relacións contractuais que o vinculan co responsable do tratamento, así como para a prevención do fraude.

Trataremos tamén os seus datos persoais para informalo sobre os nosos produtos e controlar os niveis de calidade na prestación das garantías do seu contrato de seguro.

Non facilitaremos os seus datos persoais a terceiros salvo nos seguintes casos: obriga prevista na normativa que é de aplicación, interese lexítimo ou consentimento previo do titular do dato.

Os seus datos serán accesibles por conta de terceiros colaboradores de ARAG SE, Sucursal en España, que interveñan nas xestións derivadas tanto da contratación do seguro como da efectiva prestación das súas garantías.

Se precisa de asistencia e se atopa fóra da Unión Europea, pode ser necesario trasladar os seus datos persoais a terceiros países para poder dar cumprimento efectivo ás garantías do seu contrato de seguro.

Os seus datos conservaranse durante a vixencia do contrato de seguro. Tras finalizar, conservaranse bloqueados durante os prazos esixidos legalmente para a atención de posibles responsabilidades nacidas do seu tratamento. Transcorridos os prazos de prescrición legal das mesmas, procederase á supresión dos datos.

Lexitimación

A base legal para o tratamento dos seus datos persoais é a execución do contrato de seguro que concertou con esta entidade aseguradora. A entrega dos seus datos resulta imprescindible para a formalización do presente contrato de seguro, non sendo posible sen a mesma.

A base legal para o tratamento con fins de mercadotecnia directa e enquisas de satisfacción é o interese lexítimo en poder atender mellor as súas expectativas como cliente e potenciar a calidade do servizo recibido. Poderá opoñerse en calquera momento a este tipo de tratamentos no modo descrito no apartado de Dereitos.

A base legal das cesións de datos a terceiros vén constituída por previsións da normativa de seguros que, ou ben amparan o interese lexítimo da entidade ou ben impoñen obrigas específicas á mesma para o desenvolvemento da súa actividade, tanto en relación ao contrato de seguro (Lei 50/1980 de Contrato de Seguro), como na normativa de ordenación, supervisión e solvencia (Lei 20/2015 de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras) y demais normativa reguladora da actividade.

A base legal para transferir os seus datos a un país fóra da UE é a necesidade de executar as garantías previstas na súa póliza.

Dereitos

Ten dereito a acceder aos seus datos persoais obxecto de tratamento, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron. Tamén poderá exercer os dereitos de oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos.

Poderá exercer os seus dereitos dirixíndose por escrito ao responsable do tratamento, ARAG SE, Sucursal en España, a través do correo electrónico lopd@arag.es ou se o prefire, mediante carta postal dirixida a C/ Roger de Flor, 16, 08018 de Barcelona (convén que faga constar no sobre a referencia “Protección de datos”). En todos os casos, será imprescindible que achegue copia do DNI ou pasaporte. No caso de que non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Datos persoais de terceiros

En canto aos datos persoais referentes a outras persoas físicas, que, por motivo desta póliza precise comunicar a ARAG SE, Sucursal en España, deberá, con carácter previo á súa comunicación, informalos dos extremos contidos nos parágrafos anteriores.