Europ Assistance

Seguro individual de Asistencia en Viaxe ás persoas

O posuidor do seguro está asegurado, durante a duración da viaxe descrita pola póliza de Asistencia en viaxe indicada, contratada con EUROP ASSISTANCE nas condicións, límites e exclusións establecidas. A continuación detállase un extracto do contrato da póliza.

Se precisa dos nosos servizos e para ter dereito a eles, é IMPRESCINDIBLE, calquera que sexa a hora do día e do lugar onde se atope, chamar á nosa Central operativa de Atención Permanente 24horas, facilitando o seu nome, número contrato.

As garantías aseguradas por este contrato serán válidas en España, en Europa ou en Marrocos, segundo o destino do billete contratado co Tomador do seguro. Quedan excluídos das coberturas da presente póliza aqueles países que durante a viaxe ou desprazamento do Asegurado se atopen en estado de guerra ou de sitio, insurreción ou conflito bélico de calquera clase ou natureza, aínda cando non foran declarados oficialmente, e aqueles que se indiquen especificamente.

As garantías serán exclusivamente de aplicación durante o tempo que dure o servizo de transportes contratado, e durante a estancia do Asegurado nos puertos, estacións, terminais ou aeroportos con motivo de embarcar ou desembarcar do medio de transporte contratado.

Queda expresamente convenido que as obrigas do Asegurador derivadas da cobertura desta póliza, finalizan no instante no que o Asegurado regresara ao seu enderezo habitual, ou fora ingresado nun centro sanitario situado como máximo a 25 km. de distancia do citado enderezo (15 km. nas Illas Baleares e Canarias).

Garantías cubertas

1.- Gastos médicos

EUROP ASSISTANCE tomará ao seu cargo os gastos correspondentes á intervención dos profesionais e establecementos sanitarios requiridos para a atención do Asegurado, enfermo ou ferido.

Quedan expresamente incluídos, sen que a enumeración teña carácter limitativo, os seguintes servizos:

a) Atención por equipos médicos de emerxencia e especialistas.

b) Exames médicos complementarios.

c) Hospitalizacións, tratamentos e intervencións cirúrxicas.

d) Subministro de medicamentos en internado, ou reintegro do seu custe en lesións ou enfermidades que non requiran hospitalización.

e) Atención de problemas odontolóxicos agudos, entendéndose por tales os que por infección, dolor ou trauma, requiran un tratamento de urxencia.

EUROP ASSISTANCE toma ao seu cargo os gastos correspondentes a estas prestacións, ata un límite por Asegurado de 900 € ou o seu equivalente en moeda local, cando elas teñan lugar no estranxeiro, ou de 750 € en España.

Os gastos odontolóxicos limítanse, en calquera caso, a 30 € ou o seu equivalente en moeda local.

2.- Traslado sanitario de enfermos e feridos

En caso de accidente ou enfermidade sucedida do Asegurado, EUROP ASSISTANCE farase cargo de:

a) Os gastos de traslado en ambulancia ata a clínica ou hospital máis próximo.

b) O control por parte do seu Equipo Médico, en contacto co médico que atenda ao Asegurado ferido ou enfermo, para determinar as medidas convenientes ao mellor tratamento a seguir e o medio máis idóneo para o seu eventual traslado ata outro centro hospitalario máis axeitado ou ata o seu enderezo.

c) Os gastos de traslado do ferido ou enfermo, polo medio de transporte máis axeitado, ata o centro hospitalario prescrito ou ao seu enderezo habitual.

O medio de transporte utilizado en cada caso decidirase polo Equipo Médico de EUROP ASSISTANCE en función da urxencia e gravidade do caso. En Europa e países ribereños do Mediterráneo, poderá mesmo utilizarse un avión sanitario especialmente acondicionado.

Se o Asegurado fose ingresado nun centro hospitalario no próximo ao seu enderezo, EUROP ASSISTANCE farase cargo, no seu momento, do subseguinte traslado ata el.

No suposto de que o Asegurado non teña a súa residencia habitual en España, será repatriado ata o lugar de inicio da Viaxe contratada con ALSA.

O límite total económico desta garantía establécese en 1.800 €.

3.- Traslado de restos mortais

No caso de defunción dun Asegurado, EUROP ASSISTANCE organizará o traslado do corpo ata o lugar de inhumación en España e farase cargo dos seus gastos. En ditos gastos entenderanse incluídos os de acondicionamento post-morten de acordo cos requisitos legais.

Non estarán comprendidos os gastos de inhumación e cerimonia.

EUROP ASSISTANCE tomará ao seu cargo o regreso dun Asegurado acompañante, para que poida acompañar ao cadáver ata o lugar de inhumación en España.

No supuesto de que o Asegurado non teña a súa residencia habitual en España, será repatriado ata o lugar de inicio da Viaxe contratada con ALSA.

O límite total económico desta garantía establécese en 1.800 €.

4.- Perda, danos e roubo da equipaxe non facturada

Garántese a indemnización por danos e perdas materiais da equipaxe ou efectos persoais do Asegurado en caso de roubo, perda total ou parcial debida ao transportista ou danos a consecuencia de incendio ou agresión, ocorridos durante o transcurso da Viaxe, ata un máximo de 300 €.

As cámaras e complementos de fotografía, radiofonía, de rexistro de son ou da imaxe, así como os seus accesorios, quedan comprendidos ata o 50% da suma asegurada sobre o conxunto da equipaxe.

Exclúese o furto e o simple extravío por causa do propio Asegurado, así como as xoias, o diñeiro, documentos, obxectos de valor e material deportivo e informático.

Para os efectos da citada exclusión, entenderase por:

- Xoias: conxunto de obxectos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.

- Obxectos de valor: o conxunto de obxectos de prata, cadros e obras de arte, todo tipo de coleccións, e peletería fina.

Para facer efectiva a prestación en caso de roubo, será necesaria a presentación previa da denuncia perante as autoridades competentes.

5.- Demora de viaxe

EUROP ASSISTANCE reembolsará ata o límite máximo de 300 €, os gastos da compra dun novo billete, en caso de perda de conexión dun transporte público colectivo debido a un retraso na saída do autobús de ALSA.

Para aplicar esta garantía, é imprescindible que exista unha diferenza entre a chegada prevista do autobús de ALSA e a saída prevista do posterior enlace superior a tres horas. Tamén quedarán cubertos os gastos de hotel e manutención producidos durante a espera a este enlace ata un límite de 100 €.

Será necesario para a tramitación do pagamento, a presentación dos documentos xustificativos emitidos pola Entidade Titular do medio de transporte público que certifiquen o retraso, así como o orixinal das facturas dos gastos realizados.

Esta indemnización terá lugar sempre que ela non fora asumida pola compañía transportista.

Quedan excluídos os gastos realizados en lugar diferente ao que se produza a espera no novo enlace.

Non quedarán cubertas pola presente garantía as cancelacións de saída do medio de transporte, é dicir, a non realización da viaxe do medio de transporte programado e no que estaba reservada ao menos unha praza.

6.- Transmisión de mensaxes urxentes (derivadas das garantías)

EUROP ASSISTANCE farase cargo de transmitir as mensaxes urxentes que lle encarguen os Asegurados, a consecuencia dos sinistros cubertos polas presentes garantías.

Exclusións

O Asegurador non asumirá obriga algunha en conexión con prestacións que non lle foran sido solicitadas ou que non teñan sido efectuadas co seu acordo previo, salvo en casos de forza maior debidamente xustificados.

As garantías concertadas non comprenden:

a. Os feitos voluntariamente causados polo Asegurado ou aqueles no que concorra dolo ou culpa grave pola súa parte.

b. As dolencias ou enfermidades crónicas preexistentes, así como as súas consecuencias, padecidas polo Asegurado con anterioridade ao inicio da viaxe.

c. A morte por suicidio ou as lesións ou enfermidades derivadas do intento ou producidas intencionadamente polo Asegurado a si mesmo, e as derivadas de empresa criminal do Asegurado.

d. As enfermidades ou estados patolóxicos producidos pola inxesta de alcohol, psicotrópicos, alucinóxenos ou calquera droga ou substancia de similares características.

e. Os tratamentos estéticos e o subministro ou reposición de audífonos, lentes, gafas, ortesis e prótesis en xeral e calquera tipo de enfermidade mental. Tamén quedan excluídas as reclamacións derivadas directa ou indirectamente das complicacións ocorridas a partir do sétimo mes de embarazo.

f. As lesións ou enfermidades derivadas da participación do Asegurado en apostas, competicións ou probas deportivas, a práctica do esquí e de calquera outro tipo de deportes de inverno ou dos denominados de aventuras, e o rescate de persoas en mar, montaña ou deserto.

g. Os supostos que dimanen, en forma directa ou indirecta, de feitos producidos por enerxía nuclear, radiacións radiactivas, catástrofes naturais, accións bélicas, disturbios ou actos terroristas.

h. Calquera tipo de gasto médico ou farmacéutico inferior a 9 €.

Tramites no caso de sinistro

Ocorrido un feito que pudiese dar lugar á prestación de algunha das garantías cubertas no contrato, será requisito indispensable a comunicación inmediata do sinistro:

Establecido o contacto, o asegurado sinalará:

  • Nome e apelidos
  • Lugar onde se atopa
  • Teléfono de contacto
  • Circunstancias do sinistro e do tipo de asistencia solicitada

PARA O REEMBOLSO DE CALQUERA GASTO PODERÁ DIRIXIRSE A WWW.EUROP-ASSISTANCE.ES ONDE PODERÁ ACCEDER A “REEMBOLSO ON LINE” PARA CREAR A SÚA PROPIA SOLICITUDE DE REEMBOLSO E FACER O SEGUIMENTO DO TRÁMITE, OU AO APARTADO DE CORREOS 36316 (28020 MADRID). EN TODOS OS CASOS SERÁ INDISPENSABLE A PRESENTACIÓN DE FACTURAS E XUSTIFICANTES ORIXINAIS.

Este documento é meramente informativo, sen valor contractual, non substituíndo ás Condicións Xerais e Particulares da póliza, que prevalecerán no caso de discrepancia. As CONDICIÓNS XERAIS obran en poder de ALSA e de EUROP ASSISTANCE ESPAÑA, S.A. DE SEGUROS E REASEGUROS.