Buscador

Aquí o tamaño non importa

Aquí o tamaño non importa

Coñece as incribles vantaxes de viaxar connosco:

  • Poderás transportar gratuitamente ata 30 kgs. de equipaxe. (En liñas internacionais será de 25 kgs.).
  • Podes engadir equipaxe extra de ata 30 kg. a partir de 3 € por viaxe.
  • É importante que identifiques toda a túa equipaxe. Tes etiquetas nos puntos de venda. Non esquezas pedir a túa para identificar  a túa maleta.
  • Se se perdese ou deteriorase, diríxete a calquera dos nosos puntos de venda nada máis chegar.
  • Non podes levar alimentos que poidan afectar á saúde dos pasaxeiros ou danar o resto da equipaxe.
Gústache a bici, o surf ou o esquí?

Gústache a bici, o surf ou o esquí?

Agora con ALSA poderás transportar o teu material deportivo:

  • Suplemento: 5 € nos servizos de curto percorrido e 10 € nos de longo.
  • Servizos internacionais: transporte de bicicletas só dispoñible para a liña España-Marruecos, logo da reserva.
  • Admítense un total de 4 unidades por coche (unha por billete), asegura a túa reserva antes de viaxar.
  • Deberán ir embaladas nalgún tipo de caixa ou bolsa preparada para o seu transporte. Tamén dispoñemos de fundas para a bici por só 12 €, pregunta no despacho de billetes.
  • Recorda presentarte cunha antelación mínima de 15 minutos antes da saída.
Seguro adicional de equipaxe por só 1€

Seguro adicional de equipaxe por só 1€

Que cobre o seguro? Garánteche a indemnización por danos e perdas materiais da equipaxe ou efectos persoais do Asegurado en caso de roubo, perda total ou parcial debida ao transportista ou danos a consecuencia de incendio ou agresión, acontecidos durante o transcurso da viaxe, ata un máximo de 150€.

As cámaras e complementos de fotografía, radiofonía, de rexistro de son ou da imaxe, así como os seus accesorios, quedan comprendidos ata o 50% da suma asegurada sobre o conxunto da equipaxe. Exclúese o furto e o simple extravío por causa do propio Asegurado, así como as xoias, o diñeiro, documentos, obxectos de valor e material deportivo e informático.

Para os efectos da citada exclusión, entenderase por:

  • Xoias: conxunto de obxectos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.
  • Obxectos de valor: o conxunto de obxectos de prata, cadros e obras de arte, todo tipo de coleccións, e peletería fina.

Para facer efectiva a prestación en caso de roubo, será necesaria a presentación previa da denuncia ante as autoridades competentes.

Condicións do seguro