Aquí o tamaño non importa

Coñece as incribles vantaxes de viaxar connosco:

  • Poderás transportar gratuitamente ata 30 kgs. de equipaxe. (En liñas internacionais será de 25 kgs.)
  • É importante que identifiques toda a túa equipaxe. Tes etiquetas nos puntos de venda. Non esquezas pedir a túa para identificar  a túa maleta.
  • Se se perdese ou deteriorase, diríxete a calquera dos nosos puntos de venda nada máis chegar.
  • Non podes levar alimentos que poidan afectar á saúde dos pasaxeiros ou danar o resto da equipaxe.

Gústache a bici, o surf ou o esquí?

Agora con ALSA poderás transportar o teu material deportivo:

  • Suplemento: 5€ nos servizos de curto percorrido e 10€ nos de longo.
  • Servizos internacionais: transporte de bicicletas só dispoñible para a liña España-Marruecos, logo da reserva.
  • Admítense un total de 4 unidades por coche (unha por billete), asegura a túa reserva antes de viaxar.
  • Deberán ir embaladas nalgún tipo de caixa ou bolsa preparada para o seu transporte. Tamén dispoñemos de fundas para a bici por só 12€, pregunta no despacho de billetes.
  • Recorda presentarte cunha antelación mínima de 15 minutos antes da saída.

Condicións especiais para o transporte de animais

Condicións especiais para o transporte de animais.

  • Sentímolo pero a lei prohíbe o transporte no habitáculo de viaxeiros de calquera animal a excepción dos  perros guía.
  • Porén, si admitimos un máximo dunha mascota por servizo, que viaxará na adega.
  • O transporte limitarase a pequenos animais de compañía (cans, gatos, furóns, aves (non de curral), etc.) cuxo peso non exceda de 10 Kg.
  • O animal viaxará na adega sempre dentro dun transportín homologado pechado e seguro, proporcionado polo viaxeiro.
  • A gaiola ou transportín deberá dispoñer dun fondo impermeable que conteña os residuos.
  • Debes presentarte no embarque cunha antelación de 15 minutos, introducindo persoalmente o transportín no autocar, segundo as indicacións do condutor.
  • O animal estará en boas condicións físicas, hixiénicas e anímicas para o traslado, non sendo obrigatorio, aínda si recomendable, o uso de bozo.
  • O embarque e o desembarque do animal será realizado por ti.
  • O custo do transporte será do 50% do prezo do billete.

Seguro adicional de equipaxe por só 1€

Que cobre o seguro? Garánteche a indemnización por danos e perdas materiais da equipaxe ou efectos persoais do Asegurado en caso de roubo, perda total ou parcial debida ao transportista ou danos a consecuencia de incendio ou agresión, acontecidos durante o transcurso da viaxe, ata un máximo de 150€.

As cámaras e complementos de fotografía, radiofonía, de rexistro de son ou da imaxe, así como os seus accesorios, quedan comprendidos ata o 50% da suma asegurada sobre o conxunto da equipaxe. Exclúese o furto e o simple extravío por causa do propio Asegurado, así como as xoias, o diñeiro, documentos, obxectos de valor e material deportivo e informático.

Para os efectos da citada exclusión, entenderase por:

  • Xoias: conxunto de obxectos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.
  • Obxectos de valor: o conxunto de obxectos de prata, cadros e obras de arte, todo tipo de coleccións, e peletería fina.

Para facer efectiva a prestación en caso de roubo, será necesaria a presentación previa da denuncia ante as autoridades competentes.

Condicións do seguro