Plan de accesibilidade para persoas con discapacidade

En ALSA desenvolvemos un Plan de Accesibilidade para que os nosos servizos sexan accesibles ás persoas con discapacidade.

Toda persoa non autosuficiente deberá viaxar en compañía dunha persoa sen discapacidades físicas, de polo menos 16 anos e que estea capacitada para proporcionar a asistencia necesaria. Cando un pasaxeiro con discapacidade ou mobilidade reducida viaxe co seu acompañante, faremos todo o posible por asignar ao acompañante un asento xunto ao viaxeiro con discapacidade ou mobilidade reducida.

Autobuses adaptados

Todos os nosos autobuses urbanos e suburbanos están adaptados a ti.

Billetes especiais

Descobre que debes ter en conta ao comprar o teu billete.

Cans guía

Goza da viaxe acompañado en todo momento polo teu can guía