Regulamento do Club Busplus

O Club de Fidelización BUSPLUS xestionado por ALSA GRUPO, S.L.U. (no sucesivo AG), ten por obxecto premiar a fidelidade dos clientes de ALSA. Por ALSA enténdense as empresas que utilizan este distintivo nos seus servizos de transporte de viaxeiros por estrada. O presente Regulamento resulta de aplicación desde o 1 de setembro de 2014. Co obxecto de mellorar as condicións do Club BUSPLUS, ALSA resérvase a facultade de modificar o presente Regulamento e características del en calquera momento. Neste caso, ALSA notificará os seus socios BUSPLUS, cunha antelación mínima dun mes, a través de correo electrónico e na súa páxina web, a nova estrutura de funcionamento e características, así como a data a partir da que será efectiva. O cliente que non desexe continuar no Club BUSPLUS, deberá notificalo no prazo dun mes a partir da data da notificación, podendo redimir a totalidade dos puntos acumulados no mesmo período de tempo, sen que a partir dese momento poidan reclamar nada a ALSA por este motivo. O Club quedará cancelado sen previo aviso nin responsabilidade algunha e non será de aplicación ao disposto anteriormente, se en algún momento ocorren circunstancias de forza maior ou imposicións legais que impedisen a súa continuidade.

I. OBXECTO DO CLUB BUSPLUS

O Club BUSPLUS concede puntos pola compra de billetes de ALSA. Ditos puntos darán o seu dereito á obtención de descontos para a compra de billetes ALSA, así como billetes gratuítos, no seu caso, e supón a autorización expresa para a recepción, a través de calquera medio, incluído correo electrónico, SMS ou telefonicamente de calquera información sobre o Club, novidades, servizos e/ou promocións de ALSA. Igualmente, a condición de socio BUSPLUS concede a posibilidade de se beneficiar de determinados descontos exclusivos ofrecidos polos establecementos adheridos ao C. BUSPLUS.

II. CONDICIÓNS

Poderá participar no Club BUSPLUS calquera persoa física maior de 18 años. A adhesión ao Club BUSPLUS é totalmente gratuíta e supón o coñecemento e a aceptación do presente Regulamento. Para adquirir a condición de socio BUSPLUS, deberá cubrir e asinar o modelo de solicitude establecido para tal efecto, dispoñible nos puntos de venda propios ALSA e no sitio web www.alsa.es. Acreditarase a súa condición de socio BUSPLUS mediante o documento nacional de identidade ou outro documento equivalente válido en dereito (pasaporte, NIE). AG resérvase o dereito, sen previa notificación escrita, a dar de baixa no Club aos clientes que non teñan ningunha actividade na súa conta durante dous anos a contar desde o último movemento. Estes pasarán a ser clientes inactivos e os seus puntos serán cancelados, sen prexuízo de que poderán solicitar novamente a súa activación como socios BUSPLUS. Igualmente, AG resérvase o dereito de cancelar a conta de puntos e o seu saldo e anular a condición de socio BUSPLUS ao cliente que incumpra as normas recollidas no presente Regulamento ou que fixeran un uso fraudulento dos billetes ALSA. AG resérvase o dereito de anular o Club BUSPLUS en calquera momento, previo aviso aos socios cun mes de antelación, sen que poida derivarse para ela ningunha responsabilidade polos prexuízos que a cancelación puidese causar aos socios BUSPLUS. Se os socios BUSPLUS tivesen puntos suficientes para trocar por billetes, poderán efectuar o troco nese prazo dun mes.

III. ADHESIÓN AO CLUB

Unha vez recibida a súa solicitude, que deberá ser presentada en calquera dos puntos de venda propios ALSA ou enviando desde o noso sitio web o formulario de solicitude previsto, procederemos a darlle de alta no Club BUSPLUS, momento no que comezará a obter puntos que serán acumulados na súa conta. Ao se adherir ao Club BUSPLUS, Vde. obrígase a que a información proporcionada no formulario de rexistro sexa, en todo momento, veraz, exacta, actualizada e completa. De non ser así, AG poderá, con carácter inmediato, suspender ou cancelar a súa conta de puntos e denegarlle o acceso, presente e futuro, ao Club mediante a anulación da súa adhesión. O socio BUSPLUS poderá solicitar a súa baixa no Club en calquera momento, mediante escrito e fotocopia do seu D.N.I. dirixido a BUSPLUS: DTO. MARKETING, 1ª PLANTA, C/ ALCALÁ, 478, 28027 MADRID, indicando o seu desexo de causar baixa.

IV. VANTAXES ADICIONAIS

Os socios poderán, igualmente, beneficiarse de vantaxes adicionais, de cuxas características e período de validez AG informará nas súas canles autorizadas. Estas vantaxes exclusivas non serán, en ningún caso, acumulables a calquera billete de promoción. Caso de contradición entre eles, prevalecerán as condicións fixadas nos billetes promocionais. Por ser socio BUSPLUS obterá as seguintes vantaxes directas: (i) Eliminación de custes de xestión desde a segunda operación ao comprar pola web, App móbil e no servizo telefónico 902422242; (ii) Acceso a salas Supra; (iii) Trocos de billetes sen custe adicional ata dúas horas antes da saída; (iv) Caso de perda do autobús, poderá cambiar gratuitamente durante a ½ hora seguinte, o billete para a próxima saída; (v) Envío de SMS co localizador da viaxe sen custe adicional. Consulte as vantaxes directas, vixentes en cada momento, en www.alsa.es. Complementariamente, os socios BUSPLUS poderán beneficiarse de importantes descontos adicionais para xoves e maiores. Consulte os descontos adicionais dispoñibles e o seu período de vixencia en www.alsa.es. Ademais, ALSA ofrece a todos os seus socios BUSPLUS a posibilidade de solicitar a Tarxeta VISA BUSPLUS, tarxeta UNO-e de crédito ou de prepagamento, totalmente gratuíta, sen custes de emisión nin mantemento, para realizar compras e retirar diñeiro en efectivo, con tecnoloxía Contactless, Chip EMV e validación de pagamentos con PIN. Para máis información, consulte vantaxes adicionais e condicións no Formulario de Solicitude Tarxeta VISA BUSPLUS de UNO-e dispoñible nas nosas canles de venda.

V. OBTENCIÓN DE PUNTOS

O socio BUSPLUS que realice calquera compra de billetes ALSA nos puntos de venda propios ALSA, na web www.alsa.es, no servizo telefónico 902422242 e nas canles autorizadas por AG obterá 10 puntos por cada 5€ de compra (non se aplicarán, en ningún caso, redondeos). AG resérvase o dereito de modificar o número de puntos a obter en cada momento pola compra de billetes ALSA, modificación que será notificada previamente nos puntos de venda propios e no sitio web www.alsa.es. Con independencia do anterior, AG informará aos Socios BUSPLUS, da posibilidade de se beneficiar de promocións especiais para a obtención de puntos extraordinarios e, en particular, destinados aos socios da Tarxeta VISA BUSPLUS que adquiran billetes con esta Tarxeta. A obtención dos puntos producirase no momento de adquirir os billetes ALSA mediante a presentación do seu DNI ou documento equivalente válido en dereito que lle permita acreditar a súa identidade nos puntos de venda propios e nas canles autorizadas por AG. Os puntos asignaranse automaticamente á súa conta. Porén, nas compras de billetes a través do sitio web www.alsa.es e o servizo telefónico 902422242 (exclusivamente para os traxectos autorizados por ALSA) os puntos serán anotados na súa conta, unha vez se acredite o cargo correspondente na conta bancaria do socio da tarxeta financeira utilizada. Porén, AG non se fai responsable do atraso que poida producirse na anotación de operacións cando causas alleas á vontade de AG, fagan imposible a captura automática das operacións. AG resérvase o dereito de cancelar os puntos cargados por erro nas contas dos socios. Os puntos caducarán transcorridos 24 meses, a contar desde o día seguinte ao que se obtivera cada uno de eles. A anulación dos billetes comprados suporá a supresión dos puntos obtidos pola compra dos correspondentes billetes.

VI. CONSULTA DE PUNTOS

O Socio do Club BUSPLUS pode consultar o saldo da súa conta de puntos no sitio web www.alsa.es.

VII. TROCO DE PUNTOS

O troco de puntos unicamente terá lugar no marco do Club, a cambio dos billetes ALSA correspondentes. Os puntos non son, en ningún caso, transmisibles nin trocables por diñeiro. O Socio poderá trocar puntos acumulados por descontos no importe dos billetes ALSA que adquira; o número de puntos necesarios para a obtención deste desconto virá determinado, en cada caso, en función do itinerario e da clase do servizo de que se trate. O Socio tamén poderá trocar os seus puntos por Billetes ALSA (suxeito á dispoñibilidade de prazas) nos puntos de venda propios de ALSA así como na web www.alsa.es e outras canles alternativas que ALSA poñerá, no seu caso, a disposición dos socios. Solicitarase o D.N.I. do Socio ou documento equivalente e datos do traxecto desexado. Estes billetes non poderán ser modificados nin cancelados unha vez foran solicitados. AG descontará da conta do Socio os puntos correspondentes ao billete ALSA solicitado no momento da recepción da solicitude de troco no Departamento de BUSPLUS.

VIII. PROTECCIÓN DE DATOS

AG, en cumprimento da L.O. 15/99, como Responsable do Tratamento, infórmalle que os datos persoais facilitados serán incorporados a un ficheiro titularidade de AG con enderezo en Calle Miguel Fleta, 4, 28037, Madrid, coa finalidade de formalizar a súa adhesión ao Club BUSPLUS, sendo o destinatario da información o persoal responsable de AG. Ademais, os seus datos poderán ser utilizados para levar a cabo análises de perfís, estudos de mercado e prospección comercial, enquisas de opinión e análise estatística, marketing directo telefónico, así como para a remisión, a través de calquera medio, incluído correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente ou contacto telefónico, de calquera información sobre servizos, novidades e/ou promocións tanto de ALSA como dos establecementos asociados ao Club BUSPLUS de ALSA relacionados co sector do ocio, transporte, hostalería, formación, telecomunicacións, moda, comercio ao detalle e seguros, no seu caso. Para realizar estes tratamentos adicionais necesitamos a súa autorización. Entendemos que presta o seu consentimento, neste sentido, mediante a sinatura ou envío a través da nosa páxina web do formulario de adhesión ao Club. A consulta dos establecementos asociados ao Club BUSPLUS poderá realizarse a través da páxina web www.alsa.es. Vde. Pode exercitar o seu dereito a opoñerse a estes tratamentos mediante os cadros oportunos que atopará no formulario de solicitude. Ademais, Vde. ten dereito a opoñerse posteriormente en calquera momento. Do mesmo xeito, informámoslles que os seus datos persoais poderán ser comunicados aos establecementos asociados ao Club BUSPLUS en virtude dos acordos comerciais subscritos con ditos terceiros. A comunicación de datos resulta necesaria ao obxecto de que Vde. poida beneficiarse dos produtos, vantaxes e servizos ofrecidos polos establecementos asociados ao Club BUSPLUS. As empresas coas que AG mantén acordos comerciais destinados aos clientes do Club BUSPLUS ou que colaboran con este Club de Fidelización, poden consultarse na páxina web www.alsa.es. Os cesionarios dos datos quedan obrigados a utilizalos exclusivamente coa finalidade establecida no Club BUSPLUS, tratando os datos coa máis estrita confidencialidade. Os datos marcados cun asterisco son obrigatorios de cubrir, supoñendo a súa ausencia a imposibilidade de darlle de alta no Club BUSPLUS. Entendemos que os datos facilitados son certos, reservándose, en todo caso, AG a facultade de excluír do Club BUSPLUS a aqueles socios que facilitaran datos falsos ou inexactos. O Socio poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido a ALSA GRUPO, SLU, Calle Miguel Fleta, 4, 28037, Madrid, en dito enderezo ou no correo electrónico establecido para tal efecto ajuridica@alsa.es, achegando en todo caso, fotocopia do D.N.I ou documento equivalente válido en dereito que permita acreditar a súa identidade.

IX. LEI APLICABLE E FORO COMPETENTE

O presente regulamento aplicarase e interpretará de acordo coa lexislación española. Para cantas controversias puidesen derivarse del, as partes, con renuncia expresa ao foro que puidese corresponderlles, acordan a súa submisión aos Xulgados e Tribunais do enderezo do cliente. O socio BUSPLUS declara que todos os datos reflectidos no formulario de adhesión son verdadeiros, que coñece e acepta as condicións do presente Regulamento e que, mediante a súa sinatura, manifesta a súa adhesión voluntaria a elas, constituíndo a primeira compra dun billete ALSA, declaración expresa do total coñecemento e aceptación destas condicións. Do mesmo modo, recoñece ter recibido neste acto un exemplar do presente Regulamento.