Camiño de Santiago

Buscador

Se estás a pensar en facer o Camiño de Santiago e non sabes como chegar á cidade en que vas iniciar o teu camiño, Alsa lévate! O autobús é o modo ideal de ir ao Camiño de Santiago, porque ten moitos horarios, porque... chega a moitos lugares e porque... vas cómodo e seguro.

Non importa cal sexa o teu camiño, tes para escoller: o Francés, o Primitivo, o Portugués, o do Norte, o da Vía da Prata, o de Muxía-Fisterra… Alsa lévate a moitas cidades do Camiño:

Sarria, Saint-Jean-Pied-de-Port, León, Ferrol, Pedrafita do Cebreiro, Oviedo, Ponferrada, Roncesvalles, Astorga, Irún

E aquí tes moitos máis destinos...

Pamplona, Ourense, Burgos, Villafranca del Bierzo, Sevilla, Ribadeo, Vigo, Bilbao, Santander, O Porriño, Gijón, Vilalba, Logroño, San Sebastián, Avilés, Madrid, Salamanca, Zamora, Oviedo, Sahagún

Fai o Camiño de Santiago en bicicleta!

Se es dos que prefiren facer o Camiño de Santiago en bicicleta, en Alsapodedes viaxar xuntos.

Engade a bicicleta ao teu billete sinalando a casa disposta para iso no paso 2 do proceso de compra, cun suplemento, sobre o prezo do billete, de 5 euros nos servizos de curto percorrido e de 10 euros nos servizos de longo percorrido. (Cómpre que os billetes con transporte de bicicleta se merquen de un en un; é imposible marcar esta casa cando se seleccionaron 2 ou máis prazas).

Lembra presentarte a embarque cunha antelación mínima de 15 minutos antes da saída e coa túa bicicleta en perfectas condicións de viaxar sen provocar danos noutras equipaxes ou vultos; é obrigatorio que esta vaia embalada nalgún tipo de caixa ou bolsa preparada para o seu transporte. IMPORTANTE:

IMPORTANTE: por razón da limitación do espazo dispoñible, admítese un total de catro unidades, entre bicicletas e táboas de surf por coche (unha por billete), non aparecerá a casa de selección de viaxe con bicicleta se non hai espazo para máis no horario escollido.

Nos servizos internacionais, só se permite o transporte de bicicletas nas liñas de España-Marrocos e de España-Portugal, previa reserva e pagamento do seu importe.

Volve á casa en Alsa desde Santiago!

 

Imaxinas chegar a Santiago de Compostela o último día e non saberes como volver á casa? Para que non te aconteza, en Alsa dispomos de multitude de autobuses que parten á túa cidade. Ademais, coa túa credencial de peregrino, obtés un 15 % de desconto no teu billete*.

Cando remates a túa peregrinación, podes mercar o billete de volta á casa en calquera Punto de venda Alsa en Santiago de Compostela ou no Centro Internacional de acogida del peregrino (Oficina de Acollida ao Peregrino, na rúa das Carretas, 33 Baixo, Santiago de Compostela), onde podes informarte dos horarios para que elixas o que mellor che conveña.

*Condicións

  • Desconto exclusivo no punto de venda.
  • Imprescindible presentar credencial do peregrino (Compostelá).
  • Só ida. Non permite cambio nin anulación.
  • Dispoñible para servizos Comort e Supra operados por Alsa.